Saltar ao contido

Luísa Mountbatten-Windsor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuísa Mountbatten-Windsor

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Lady Louise Alice Elizabeth Mary Mountbatten-Windsor Editar o valor en Wikidata
8 de novembro de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Frimley Park Hospital, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBagshot Park (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de St Andrews (2022–)
St Mary's School (en) Traducir (2008–2017)
St George's School, Windsor Castle (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata, escolar Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
12 de outubro de 2018Casamento da Princesa Eugenie e Jack Brooksbank (pt) Traducir
29 de abril de 2011Casamento de Guilherme de Gales e Catarina Middleton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa británica
Dama Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Windsor Editar o valor en Wikidata
Parellavalor descoñecido (2024–) Editar o valor en Wikidata
PaisEduardo de Edimburgo Editar o valor en Wikidata  e Sophie, Condessa de Wessex Editar o valor en Wikidata
IrmánsXaime Mountbatten-Windsor Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Mountbatten-Windsor-5

Luísa Mountbatten-Windsor, nada co nome de Louise Alice Elizabeth Mary en Surrey o 8 de novembro de 2003, é un membro da Familia real británica. É a primeira filla de Eduardo de Wessex e Sofía Rhys-Jones, condesa de Wessex. É a duodécima na liña de sucesión ao trono británico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lady Luísa naceu prematuramente no Hospital Frimley Park en Surrey, Inglaterra, despois de que a súa nai chegase ao hospital en ambulancia dende o fogar da parella, en Bagshot Park, Surrey. Foi levada a urxencias para realizarlle unha cesárea. O príncipe Eduardo non puido estar presente no nacemento por ser tan repentino. Foi bautizada o 24 de abril de 2004.

Lady Luísa naceu cun trastorno ocular chamado exotropía. En xaneiro de 2006 informouse de que lle fixeran unha operación de 30 minutos baixo anestesia xeral para corrixilo, pero en 2009 dito trastorno ocular rexenerouse.

En 2011 Lady Luísa foi unha das damas de honor que formaban parte da corte nupcial do enlace do seu curmán Guillerme de Cambridge, con Catarina de Cambridge na Abadía de Westminster.