Eduardo Martínez del Campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Eduardo Martínez del Campo Acosta.

Eduardo Martínez del Campo Acosta, nado en Belorado (Burgos) o 13 de outubro de 1840 e finado en Madrid o 11 de abril de 1911, foi un avogado e político español, ministro de Graza e Xustia durante o reinado de Afonso XIII.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deputado pola circunscrición de Burgos nas eleccións de 1886, en 1891 pasou ao Senado en representación da provincia de Burgos até que en 1900 foi nomeado senador vitalicio.

Foi ministro de Graza e Xustiza entre o 21 de outubro de 1909 e o 9 de febreiro de 1910 nun gabinete que presidiu Segismundo Moret.

En 1891 accedeu ao Tribunal Supremo como maxistrado, chegando a ser o seu presidente entre 1901 e 1909.

Casou con Eugenia Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos e a súa filla María Eugenia Martínez del Campo Montero Ríos casou con Juan Yagüe Blanco o 8 de maio de 1926.[1]

Predecesor:
Santos de Isasa y Valseca
Presidente do Tribunal Supremo
1901 - 1909
Sucesor:
José de Aldecoa Villasante
Predecesor:
Juan Armada Losada
Ministro de Graza e Xustiza
1909 - 1910
Sucesor:
Trinitario Ruiz Valarino

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Burgos, Boda del Comandante Yagúe con una burgalesa, 10 de maio de 1926

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]