Eduardo Casanova
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eduardo Reina Valdehita 24 de marzo de 1991 (33 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, director de cinema, guionista |
Período de actividade | 2005 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Sitio web | eduardocasanova.es |
|
Eduardo Casanova Valdehita, nado en Madrid o 24 de marzo de 1991, é un actor, guionista e director español. É coñecido polo público grazas ó seu papel como Fidel Martínez na serie de televisión Aída.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou a traballar como actor ós doce anos. En 2005, con tan só quince anos, formou parte da serie de comedia Aída, emitida en Telecinco até 2014. Casanova interpretou a Fidel Martínez, o fillo de Chema (Pepe Viyuela) e a súa primeira esposa Marisa (Lola Dueñas).[1] Na primeira tempada da serie vemos como o mozo se instala no ficticio barrio de Esperanza Sur co seu pai. Pola súa intelixencia e as súas afeccións, non acaba de encaixar no barrio. Na quinta tempada, o personaxe declárase abertamente gai diante da súa familia e amigos.[2]
En 2007 participou na obra Diario de una pulga e en El Principito, montaxe na que estivo a traballar até 2008. En 2011 volveu ó teatro para participar na montaxe The Hole, un espectáculo que recibiu críticas moi positivas por parte da crítica e o público.[3]
En 2011 participou na película de Álex de la Iglesia La chispa de la vida, con José Mota e Salma Hayek.[4] Ese ano, con tan só 19 anos, escribiu e dirixiu a súa primeira curtametraxe: Ansiedad, que conta no seu elenco con nomes como Ana Polvorosa e Secun de la Rosa.[5] Por devandita curtametraxe conseguiu unha distinción no Festival de cine El Novelísimo de Hervás.[6]
En 2016, dirixe a súa primeira longametraxe Pieles, na que conta con actores e actrices do talle de Candela Peña, Macarena Gómez, Ana Polvorosa, Secun de la Rosa, Carmen Machi e Jon Kortajarena, entre outros. O filme narra diversas historias cruzadas sobre persoas con deformidades físicas que teñen problemas para encaixar na sociedade.[7] O filme foi producido por Álex de la Iglesia, Carolina Bang e Kiko Martínez.[8] En febreiro de 2017 participou na sección oficial Panorama da Berlinale. En marzo no Festival de cine de Málaga e en xuño de 2017 estreouse nas salas de cine de España.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario de León. "Entrevista a Eduardo Casanova". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 08 de febreiro de 2019.
- ↑ VayaTele. "Fidel adquiere protagonismo en Aída".
- ↑ El cultural. "Una cena con erotismo, risas y acrobacias".
- ↑ 20 minutos. "Álex de la Iglesia presenta 'La chispa de la vida', su película "más agria y amarga"".
- ↑ La voz de Galicia. "Eduardo Casanova se estrena como director con el cortometraje «Ansiedad»".
- ↑ eldiario.es. "Eduardo Casanova y Canco Rodríguez entre los premiados en el festival de cine “El Novelísimo” de Hervás".
- ↑ Sensacine. "'Pieles': Eduardo Casanova habla de su primera película como director".
- ↑ Teleprograma. "Eduardo Casanova prepara su primera película". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 08 de febreiro de 2019.
- ↑ La Vanguardia. "Casanova lleva "Pieles" a la Berlinale con el mensaje de aceptar lo diferente".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eduardo Casanova |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eduardo Casanova na IMDb (en inglés).