Edgardo Mondolfi
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de maio de 1918 Caracas |
| Morte | 7 de novembro de 1999 |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Zooloxía, ecoloxía animal e conservación da natureza |
| Ocupación | zoólogo, profesor universitario, ecólogo, mastozoólogo, embaixador |
| Obra | |
| Abreviatura do autor en zooloxía | Mondolfi |
Edgardo Mondolfi Otero, nado en Caracas o 15 de maio de 1918 e finado o 7 de novembro de 1999, foi un biólogo e ecólogo venezolano especializado en terioloxía (estudo dos mamíferos).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mondolfi foi profesor de zooloxía na Universidade Central de Venezuela, asesor do ministerio de Medio ambiente e viceministro de Agricultura.[2] Foi autor de numerosos libros e artigos científicos, incluíndo unha monografía sobre o xaguar xunto con Rafael Hoogesteijn.[1] Realizou un traballo pioneiro na xestión da vida silverstre, e foron célebres as súas campañas para a exploración e protección da fauna de mamíferos de América do Sur.[1][2] Nos últimos anos da súa vida foi embaixador de Venezuela en Tanzania e Kenya.[2] Morreu o 7 de novembro de 1999 de dengue.
Especies e subespecies descritas
[editar | editar a fonte]Ademais, Gandolfi foi o primeiro descritor de varias especies e subespecies de mamíferos, das cales as seguintes considéranse válidas:
- Sylvilagus brasiliensis caracasensis Mondolfi & Méndez Aroche, 1957
- Ichthyomys pittieri Handley & Mondolfi, 1963
- Dasypus sabanicola Mondolfi, 1968
- Didelphis imperfecta Mondolfi & Pérez-Hernández, 1984
- Sciurus granatensis llanensis Mondolfi & Boher, 1984
Honras
[editar | editar a fonte]Os zoólogos Daniel Lew, Roger Pérez Hernández e o español Jacint Ventura déronlle á especie de sarigüeia de catro ollos descuberta e descrita por eles en 2006, o nome de Philander mondolfii na súa honra.[3]
Polo seu labor a prol do medio ambiente foi galardoado co Premio Nacional de Conservación Venezuela 1969.[2]
Abreviuatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Gandolfi empréganse para recoñecer a Edgardo Mondolfi como autoridade da descrición e nomenclatura en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2009): The Eponym Dictionary of Mammals. Balimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press 282–283. ISBN 978-0-8018-9304-9, pp. 282–283. (Google Books)
- 1 2 3 4 Dr. Edgardo Mondolfi Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. en Global 500. Environmental Forum. Nairobi. Kenya (en inglés)
- ↑ Daniel Lew, Roger Pérez-Hernández & Jacint Ventura (2006): "Two new species of Philander (Didelphimorphia, Didelphidae) from Northern South America". Journal of Mammalogy 87 (2): 224-237.