Edelmiro López Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Edelmiro López Iglesias
Nacemento1960
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Edelmiro López Iglesias, nado en Bilbao en 1960, é un economista e político nacionalista galego. É autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento. Desde 1984 vén desenvolvendo a súa actividade profesional como profesor no Departamento de Economía Aplicada da propia USC. Ademais de 1999 a 2005 ocupou o posto de Director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).

A súa investigación viuse centrando nos campos da economía e política agraria, o desenvolvemento rural e a economía galega, nos que ten dirixido catorce proxectos de investigación financiados por diversas entidades e participado como investigador noutros quince. Ten realizado estadías en diversas Universidades e centros de investigación estranxeiros, e actuado como consultor de diferentes organismos internacionais no ámbito das políticas agrarias e de desenvolvemento rural.

De agosto de 2005 a abril de 2009 ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Rural na Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, asumindo tamén as responsabilidades de Director Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e Director do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), o organismo encargado da xestión en Galiza das axudas da Política Agraria Común (PAC).