Economía do Senegal
| Economía de Senegal | |
|---|---|
| Moeda | Franco CFA de África Occidental |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana, CEDEAO, Comunidade de Estados do Sáhara-Sahel, AfCFTA |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 78.045 millóns (2023) |
| Posición do PIB | 105ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 4,58% (2023) |
| PIB per cápita | 4.300,00 (2023) |
| PIB por sector | agricultura 17,4%, industria 24,3%, servizos 49,2% (2023) |
| Inflación | 5,9% (2023) |
| Poboación abaixo da limiar de pobreza | 46,70% (2011) |
| Total da forza de traballo | 5.763.000 (2024) |
| Forza de traballo por sector | Agricultura 77,5%, industria e servizos 22,5% (2007) |
| Desemprego | 3% (2024) |
| Industrias | procesamento agrícola e de pesca, minaría de fosfato, produción de fertilizante, refino de petróleo, minaría de circonio e ouro; materiais de construción, construción e reparo de barcos |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 7.001 millóns (2023) |
| Produtos de exportación | ouro, petróleo refinado, ácido fosfórico, peixe, cemento (2023) |
| Principais mercados | Mali 21%, India 12%, Suíza 11%, República Popular China 5%, Emirados Árabes Unidos 4% (2023) |
| Importacións | 14.916 millóns (2023) |
| Principais produtos importados | petróleo refinado, petróleo bruto, arroz, roupas, trigo (2023) |
| Principais mercados | República Popular China 19%, Francia 9%, Nigeria 7%, India 7%, Rusia 5% (2023) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 14.985 millóns (2023) |
| Ingresos | 6.423 millóns (2022) |
| Gastos | 6.424 millóns (2022) |

Logo dunha retracción de 2,1% no crecemento o 1993, en xaneiro de 1994, o Senegal adoptou un profundo programa de reforma económica co apoio da comunidade de doadores internacionais. Esta reforma comezou cunha depreciación de 50% da moeda, o Franco CFA de África Occidental, que se mantiña cunha taxa de cambio fixa en relación ao franco francés. O control gobernamental de prezos e os subsidios foron desmantelados Despois o país sufriu un gran cambio cando o Produto Interior Bruto anual comezou a crecer por encima do 5% entre 1995 e 2004, reducíndose a inflación á metade, desde o 18 ao 8,5 por cento. A economía volveu crecer debido ás reformas económicas, e o país tivo un crecemento sostido de 5% ao ano entre o 1995 e o 2008. A inflación anual caeu a 1 díxito.
Como Membro da Unión Económica e Monetaria do Oeste da África (WAEMU), o Senegal ten traballado pola integración económica rexional cunha tarifa externa única e unha política monetaria máis estábel. No entanto, o país aínda depende de doadores internacionais. Baixo o programa do Fondo Monetario Internacional para a débeda dos países pobres, o Senegal beneficiarase da erradicación de dous terzos das súas débedas bilaterais, multilaterais, e do sector privado.
A economía do Senegal está impulsada pola minería, a construción, o turismo, a pesca e a agricultura, que son as principais fontes de emprego nas zonas rurais, a pesar dos abundantes recursos naturais en ferro, circón, gas natural, ouro, fosfatos e numerosos descubrimentos recentes de petróleo. A economía do Senegal obtén a maior parte das súas divisas da pesca, minería de fosfato, cacahuete, turismo e servizos. Como unha das partes dominantes da economía, o sector agrícola do Senegal é moi vulnerable ás condicións ambientais, como as variacións nas precipitacións e cambio climático, e os cambios nos prezos das materias primas.
Os principais obstáculos para o desenvolvemento económico do país son a súa gran corrupción cunha xustiza ineficiente, trámites administrativos moi lentos, e un sector educativo deficiente.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CIA. "The World Factbook". Consultado o 14 de xuño de 2025.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ The Economist, The African Century, 28 de marzo de 2020.