Economía de Togo
| Economía de Togo | |
|---|---|
| Moeda | Franco CFA da África Occidental |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 7 024 millóns (2012) |
| Posición do PIB | 161ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 5% (2012) |
| PIB per cápita | 1 100 (2012) |
| PIB por sector | agricultura 45,7%, industria 21,4%, servizos 33% (2012) |
| Inflación | 2,8% (2012) |
| Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 2.595.000 (2007) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 65%, industria 5%, servizos 30% (1998) |
| Desemprego | dato non dispoñíbel |
| Industrias | minería de fosfato, procesamento agrícola, cemento, artesanía, téxtil, bebidas |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 893,8 millóns (2012) |
| Produtos de exportación | reexportacións, algodón, fosfatos, café, cacao |
| Principais mercados | República Popular da China 10.7%, Burkina Faso 8.3%, India 8.3%, Benín 8.2%, Níxer 6.3%, Alemaña 5.7%, Ghana 4.8%, Indonesia 4.7% (2011) |
| Importacións | 1 492 millóns (2012) |
| Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, alimentos, produtos de petróleo |
| Principais mercados | República Popular da China 32.5%, Francia 8.7%, Bélxica 7.9%, India 6.2%, Estados Unidos 5.1%, Reino Unido 4.6% (2011) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 1,64 mil millóns (2009) |
| Ingresos | dato non dispoñible |
| Gastos | dato non dispoñible |

A pequena economía do Togo é moi dependente da agricultura, tanto a comercial como a de subsistencia. As actividades agrícolas empregan 65% da man de obra. Cacao, café e algodón representan xuntos o 40% das exportacións. A pesar da importancia da agricultura, é necesario importar algúns alimentos básicos[1]. Algúns produtos destinadas ao consumo interno son o millo, a mandioca e o millete que permiten nestes momentos garantir un mínimo alimenticio aos togoleses.
Togo é o cuarto produtor mundial de fosfato[1] de que existen preto de 60 millóns de Tm en reservas, extraendo algo máis de 1 millón anual. Os maiores problemas das explotacións derivan da falta de investimentos tecnolóxicos nos procesos industriais e de captación do material e o esgotamento das minas de máis fácil acceso. A principal industria do país é a extracción mineral.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).