Economía de Nixeria
| Economía de Nixeria | |
|---|---|
| Moeda | Naira |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana, OPEP |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 369,8 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 32ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 6,8% (2010) |
| PIB per cápita | $ 2.400 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 31,9%, industria 32,9%, comercio e servizos 35,2% (2010) |
| Inflación | 13,9% (2010) |
| Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 48,33 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 70%, industria 10%, comercio e servizos 20% (1999) |
| Desemprego | 4,9% (2010) |
| Industrias | petróleo cru, carbón, estaño, columbita. Aceite de palma, cacahuete, algodón, caucho, madeira, peles, téxtiles, cemento e outros materiais de construción, alimentos, calzados, produtos químicos, fertilizantes, materiais impresos, cerámica, aceiro, embarcacións pequenas |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 76,33 mil millóns (2010) |
| Produtos de exportación | petróleo e derivados 95%, cacao, caucho |
| Principais mercados | Estados Unidos 35,08%, India 10,43%, Brasil 9,32%, España 7,19%, Francia 4,65% (2009) |
| Importacións | 34,18 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | máquinas, produtos químicos, equipamentos de transporte, manufacturados, alimentos e animais vivos |
| Principais mercados | República Popular da China 14,89%, Estados Unidos 8,88%, Países Baixos 8,18%, Corea do Sur 5,46%, Reino Unido 4,63%, Francia 4,16% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 11,02 mil millóns (2010) |
| Ingresos | dato non dispoñible |
| Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Nixeria tivo unha gran transformación na década de 1960, cando pasou de ser agrícola e pastoril a industrial ao descubrirse pozos de petróleo.
Características
[editar | editar a fonte]Con 15.600 millóns de barrís en reservas de cru e máis de 3 millóns de m³ de gas natural, é un dos países africanos que máis se desenvolveron. No entanto, a forte dependencia do petróleo e que este atópese en mans de empresas estranxeiras, fai que existan graves desigualdades sociais, mentres a maioría dos nixerianos vive con menos dun dólar americano ao día, existen fortunas creadas co diñeiro do petróleo. A balanza de pagamentos é positiva grazas á exportación de cru que se conduce a través de gasodutos desde o interior ata os portos do océano Atlántico. Destaca tamén a industria petroquímica, de automóbiles e as refinarías. En canto ao resto da actividade produtiva, só ten certa importancia o cacao, ao que se destina o 50% do chan cultivábel e que é producido para exportación. A agricultura e a gandería ocupan ao 50% da poboación pero apenas si pode abastecer a propia demanda interna.
Desde o 2008 o goberno dá mostras de vontade política de implementar as reformas económicas suxeridas polo Fondo Monetario Internacional, tales como modernizar o sistema bancario, reducir a inflación controlando as demandas salariais, e resolver as disputas rexionais por control das ganancias da industria do petróleo[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ni.html
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
| A Galipedia ten un portal sobre: Nixeria |
