Economía de Eswatini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Eswatini
Moeda lilangeni
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, SADC, SACU
Datos estatísticos[1]
PIB 5 882 millóns (2009)
Posición do PIB 154ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -0,4% (2009)
PIB per cápita $ 4.400 (2009)
PIB por sector agricultura 11,4%, industria 44,6%, comercio e servizos 44% (2009)
Inflación 8,5% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 457.900 (2007)
Forza de traballo por sector dato non dispoñíbel
Desemprego 40% (2006)
Industrias carbón, polpa de madeira, azucre, bebidas concentradas sen alcohol, téxtiles e roupas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 1,57 mil millóns (2009)
Produtos de exportación suco de froitas concentrado, azucre, polpa de madeira, algodón, frigoríficos, froitas cítricas enlatadas
Principais mercados Suráfrica, máis de 90% (2009)
Importacións 1 643 millóns (2009)
Principais produtos importados vehículos a motor, máquinas, equipamentos de transporte, alimentos, derivados de petróleo, produtos químicos
Principais mercados Suráfrica, uns 60% (2009)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 534 millóns (2009)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Eswatini é un pequeno país onde a agricultura de subsistencia é a fonte de traballo de máis de 70% da poboación. O sector industrial haise diversificado logo da década de 1980, sendo o azucre e a polpa de madeira importantes produtos de exportación[1]. Outros produtos exportados son cítricos, algodón e carne.

O 2007 intentouse modernizar e diversificar a industria, como resposta a unha caída dos prezos do azucre na Unión Europea. En anos recentes a minaría perdeu importancia, só a extracción de carbón e as canteiras de pedra permanecen importantes[1].

Tras a independencia do país realizouse unha renovación agraria dentro do marco tradicional sen intensificar a explotación do chan ou introducir cultivos novos, xa que non obriga a iso a presión demográfica e debido ao achegue na renda nacional das emigracións estacionais a Suráfrica.

Dentro do sector industrial destacan as plantas azucreiras, as fábricas madeireiras. Calcúlanse unhas reservas de 250 millóns de toneladas de hulla. Existen xacementos de diamantes no nordés do país que se exportan desde 1984.

Cercado polo territorio de Suráfrica, tendo soamente unha pequena fronteira terrestre con Mozambique, Eswatini depende case totalmente da economía surafricana, orixe de máis de 90% das súas importacións e destino de máis de 60% das súas exportacións. A taxa de cambio da súa moeda, o lilangeni, é fixa en relación ao rand surafricano, e a súa política monetaria é submisa a de Suráfrica[1], que proporciona o 66% da enerxía eléctrica e fortes entradas de divisas grazas ao turismo e a un acordo aduaneiro.

Notas[editar | editar a fonte]