Echinacea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

xénero Echinacea
Echinacea purpurea
Echinacea purpurea
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Heliantheae
Subtribo: Zinniinae
Xénero: ''Echinacea''
Moench
Especies

Véxase no texto

Echinacea, as equináceas, é un xénero de plantas herbáceas e perennes da familia das asteráceas. A especie Echinacea angustifolia posúe propiedades tónicas e afrodisíacas[1]. Todas as especies son nativas do leste de América do Norte. Comprende 23 especies descritas e destas, só 10 aceptadas[2].

Descrición[editar | editar a fonte]

Son plantas herbáceas, perennes e tolerantes á seca que miden 1 ou 2 m en altura. As follas son de lanceoladas a elípticas, de 10 a 20 centímetros de longo e 1,5–10 cm de largo. Como é característico de toda a familia das Asteráceas, as flores forman unha inflorescencia composta por flores púrpuras (raramente amarelas ou brancas) dispostas en forma de cabeciñas cónicas; xa que o limbo das lígulas exteriores tenden a apuntar cara abaixo unha vez que a cabeciña da flor abre, formando, deste xeito, un cono.

Propiedades[editar | editar a fonte]

O extracto de equinácea úsase en tratamentos complementarios de infeccións respiratorias, gripes, arrefriado, farinxite, rinite e sinusite.

Os seus constituíntes químicos son o ácido cafeico, ácido chicórico, polialcanos, polisacáridos, tuselaxina, acetato de bornil, alcamídeos, borneol, cariofileno, cinarina, equinacosídeo, isotusilaxina.

As súas propiedades medicinais son antibacterianas, antibióticas, antivirais, antisépticas, antiinflamatorias, antimicrobianas, inmunoestimulantes e fortificantes.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 591. 1794.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénero procede do grego echino, que significa "espiñento", por mor ao disco central espiñento da cabeciña floral.

Especies e variedades aceptadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
  2. 2,0 2,1 Echinacea en PlantList
  3. "Echinacea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de agosto de 2012. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 8: Asteraceae, part 3. 21: i–xxii + 1–616. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]