Dársena
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bc/D%C3%A1rsena_del_puerto_de_Melilla.jpg/220px-D%C3%A1rsena_del_puerto_de_Melilla.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/75/Porto_deportivo_da_Coru%C3%B1a._Galiza.jpg/220px-Porto_deportivo_da_Coru%C3%B1a._Galiza.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2a/Sete_Rios_Bus_Terminal_Lisbon_%283784715045%29.jpg/220px-Sete_Rios_Bus_Terminal_Lisbon_%283784715045%29.jpg)
Unha dársena é, nas augas navegábeis, un lugar protexido —natural ou artificialmente— nos portos, enseadas ou baías, onde os barcos poden levar a cabo as operacións de carga e descarga, ou aparellar e reparar as embarcacións.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra dársena deriva do árabe hispánico *ãdár aṣṣán‘a, e este de dár aṣṣiná‘a que, á súa vez, vén do árabe clásico dār aṣṣinā‘ah (de دار dār, "casa" e الصناعة aṣ-ṣinā‘ah, "a arte", "a fábrica"), é dicir, a "casa da fábrica",[2] referíndose orixinariamente a un peirao onde se fabricaban e reparaban embarcacións.
O termo dār aṣṣinā‘ah tamén deu orixe á palabra arsenal.[3]
Outros usos
[editar | editar a fonte]Tamén se chama dársena a cada unha das divisións que se acondicionan nos portos artificiais, para crear distintos peiraos como, por exemplo, nos portos deportivos.
Así mesmo, e por extensión, denomínanse dársenas ás plataformas onde se estacionan os autobuses nas estacións de autobuses.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dársena ![]() |