Dr. Strangelove or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dr. Strangelove
Título orixinal Dr. Strangelove or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb
Dr. Strangelove - The War Room.png
Sala de guerra, escenario dos feitos principais.
Ficha técnica
Director Stanley Kubrick
Produtor Stanley Kubrick
Guión Stanley Kubrick
Peter George
Terry Southern
Baseado en Red Alert de Peter George
Intérpretes Peter Sellers
George C. Scott
Sterling Hayden
Keenan Wynn
Slim Pickens
Música Laurie Johnson
Fotografía Gilbert Taylor
Montaxe Anthony Harvey
Estudio Hawk Films
Distribuidor Columbia Pictures
Ano 29 de xaneiro de 1964
Duración 94 minutos[1]
País Reino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Comedia
Orzamento $1.800.000
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Dr. Strangelove or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb tamén coñecido simplemente como Dr. Strangelove, é un filme británico-americano estreado en 1964 que satiriza o medo nuclear. Foi dirixido, producido e co-escrito por Stanley Kubrick, e está protagonizado por Peter Sellers e George C. Scott. Está baseado na particular lectura que Kubrick fai da novela do navegador da RAF Peter George Red Alert, publicada en Inglaterra como Two Hours to Doom, baixo o pseudónimo de Peter Bryant.

A historia atinxe a un Xeneral da Forza Aérea dos Estados Unidos de América que ordena un ataque nuclear preventivo á Unión Soviética. A continuación, o Presidente dos Estados Unidos, os seus conselleiros, o Estado Maior e un oficial da Royal Air Force (RAF) tratan de chamar ós bombardeiros para evitar o holocausto nuclear. Paralelamente sigue á tripulación dun B-52 que tentan entregar a súa carga.

En 1989, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América incluíuno no primeiro grupo de filmes seleccionados para a preservación polo National Film Registry. Foi listado no número tres do AFI's 100 Years...100 Laughs.

Argumento[editar | editar a fonte]

O xeneral Ripper explícalle ó capitán Mandrake como descubriu o complot comunista para contaminar os "preciosos fluídos corporais" dos estadounidenses.
O maior T.J. "King" Kong montado sobre a bomba nuclear, é unha das escenas máis representativas do filme.
Unha nube de fungo produto da explosión dunha bomba nuclear semellante á que aparece ó final do filme.

O xeneral da Forza Aérea dos Estados Unidos, Jack D. Ripper (Sterling Hayden; este nome pronúnciase Jack The Ripper: Jack o destripador), proponse dar comezo a unha guerra nuclear coa Unión Soviética co obxectivo de impedir o que considera unha conspiración comunista para fluorizar a auga, contaminando así os "preciosos fluídos corporais" dos estadounidenses. Dá a orde, sen a autorización do presidente Merkin Muffley (Peter Sellers), á súa escuadra nuclear de combate coa esperanza de que o presidente ordene un ataque a gran escala ó non atopar outra opción. Porén, o xeneral Ripper descoñece que os soviéticos contan cun "dispositivo do xuízo final", o cal será automaticamente activado en caso de detectar un ataque nuclear sobre territorio da Unión Soviética, destruíndo toda vida sobre da Terra por contaminación radioactiva.

O Dr. Strangelove (Peter Sellers), ex científico nazi e asesor do presidente, explica ó persoal congregado no salón de guerra do Pentágono como o dispositivo é unha extensión natural da estratexia da Guerra Fría da destrución mutua asegurada, que opera como un disuasivo a un intercambio nuclear real. É máis, a máquina non pode desconectarse, pois isto diminuiría o seu valor como disuasivo.

O plan de ataque enviado polo xeneral Ripper estipula que ningunha comunicación deberá ser obedecida polos avións da escuadra, agás que dita comunicación conte cun código prefixo secreto, coñecido unicamente polo xeneral, evitando así que o ataque sexa abortado por outra autoridade.

Como resultado, o goberno estadounidense coopera cos soviéticos para detectar e derribar os seus propios avións. A base aérea comandada polo xeneral Ripper é atacada por tropas do Exército dos Estados Unidos e este ordena a defensa, disparando persoalmente unha metralladora contra os atacantes. Finalmente a base é tomada e o xeneral Ripper suicídase despois da rendición das súas forzas.

O plan de Ripper é frustrado polo capitán da Royal Air Force (RAF) Lionel Mandrake (Peter Sellers), un funcionario militar que participa nun "programa de intercambio" coa Forza Aérea estadounidense, que deduce o código secreto duns bosquexos infantís escritos polo xeneral Ripper. O código prefixo segredo é enviado ós bombardeiros e estes inician a retirada.

Desgraciadamente, un dos B-52 ("A Colonia do Leproso") non se pode comunicar por radio, porque fora danado por un mísil soviético, e continúa a súa misión para deixar caer a súa bomba nuclear no seu branco, o que de todas formas activaría a máquina do día do xuízo final. Chegado o momento do bombardeo, a porta do depósito das bombas non funciona e está bloqueada. Ó intentar soltala manualmente, o piloto do B-52, o maior T.J. "King" Kong (Slim Pickens), un auténtico texano, logra reparala montado nunha delas, levando posto o seu sombreiro. A porta abre e o maior cae, montado sobre a bomba ondeando o seu sombreiro de vaqueiro no aire.

O dispositivo do día do xuízo final actívase e nos derradeiros intres da Humanidade, o Dr. Strangelove recomenda ó presidente Muffley, que un grupo de humanos se oculte nun pozo de mina de máis de 1.000m, onde a radioactividade nuclear non os poida alcanzar. O xeneral Turgidson entra en delirio para superar ós soviéticos polo espazo das minas, planificando xa unha futura guerra en 100 anos máis, cando a radiación se teña disipado. O Dr. Strangelove érguese da súa cadeira de rodas anunciando que ten un plan, e cando cae na conta de que pode camiñar, berra "¡Mein Führer, podo andar!" só un segundo antes de que as bombas comecen a estourar, acabando coa Humanidade.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

A medida que constrúe o guión Kubrick descobre que máis dunha das escenas e sucesos que acontecen, a pesares das terribles consecuencias que presaxian, raian no absurdo pero sobre todo no cómico. Kubrick comentaría: Despois de todo, que podería ser máis absurdo que a propia idea de dous mega-poderes dispostos a acabar coa vida humana por mor dun accidente,[2]?

E foi neste momento que decidín tratar a historia como unha comedia pesadelo. Seguir este enfoque, pensei, non interfería coa presentación de argumentos ben fundamentados. A renuncia a o incongruente, pareceu-me ser menos estilizado e máis realista do que calquera chamado tratamento serio, que de feito había ser máis estilizado que a vida pola súa exclusión coidadosa do banal, do absurdo e da incongruencia. No contexto de destrución inminente do mundo, a hipocrisía, a incomprensión, a luxuria, a paranoia, a ambición, o eufemismo, o patrioterismo, o heroísmo, ou aínda o razoable poden provocar unha risada sinistra.[2]

A versión final do guión[3] debe moito a supervisión do novelista cómico Terry Southern e as moitas contribucións feitas no estudio de gravación polos actores -especialmente Peter Sellers-.[3][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "DR. STRANGELOVE (A)". British Board of Film Classification. 9 de xaneiro de 1964. http://www.bbfc.co.uk/releases/dr-strangelove-1970-0. Consultado o 6 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Comentario de Brian Siano[1]
  3. 3,0 3,1 Script [2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]