Donato Rossetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDonato Rossetti
Biografía
Nacemento1633
Livorno
Morte1686
Turín
Datos persoais
Formación profesionalDoutor en Teoloxía
EducaciónUniversidade de Pisa
Actividade
Ocupaciónrelixioso, científico, profesor universitario
EmpregadorUniversidade de Pisa
Linguaitaliano

Donato Rossetti, nado en Livorno en 1633 e finado en Turín en 1686, foi un relixioso, científico e profesor universitario italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rossetti naceu el Livorno, Gran Ducado de Toscana, e estudou na Universidade de Pisa onde foi alumno de distinguidos científicos. Comezou a ensinar en Livorno, onde era cóengo, e a súa fama fixo que o cardeal Leopoldo de Médici, fillo do Gran Duque, o enviara en 1666 á illa de Gorgona para estudar os eclipses deLúa. Obtivo a cátedra Lóxica, e logo a de Filosofía, na Universidade de Pisa. Á parte da docencia, ocupouse en moitos asuntos doutros campos; hai novas da súa contribución no proxecto de mellora do porto de Livorno, e participou en moitos proxectos para construír máquinas e edificios.[1]

Foi moi activo no debate sobre diveras cuestións científicas da época como a estrutura da Terra, o fenómeno das mareas, o Cosmos, o movemento perpetuo, ou o atomismo,[2] e foi convidado varias veces a admitir que os seus escritos e teorías eran obras de ficción,[1] ou místicas como as cualificaron Galileo Galilei e Geminiano Montanari na súa controversia.[2]

Precisamente, debido ás súas ideas viuse obrigado a abandonar o Gran Ducado de Toscana, trasladándose a Turín, capital do Ducado de Savoia, onde faleceu.[1]

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • Antignome Fisico-Matematiche Con Il Nuovo Orbe, 1667.
  • Dimostrazione fisicomatematica delle sette proposizioni che promesse Donato Rossetti ... al sereniss.mo Cosimo 3. principe di Toscana, 1668.
  • Lettera del dottor Donato Rossetti al signor dottor Carlo Fracassati, 1668.
  • Fortificazione a Rovescio di Donato Rossetti canonico di Livorno, dott. in sac. teologia, 1678. Reeditado en 2018 por Forgotten Books, Londres. ISBN 978-1-3967-0004-0.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Donato Rossetti en Archivio Scientifico e Tecnologico. Università di Torino.
  2. 2,0 2,1 Gómez López 1997.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gómez López, Susana (1997): Le passioni degli atomi. Montanari e Rossetti: Una polemica tra galileiani, Florencia: Leo S. Olschki. ISBN 978-8-8222-4469-7.