Saltar ao contido

Don Ameche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDon Ameche

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Dominic Felix Amici Editar o valor en Wikidata
31 de maio de 1908 Editar o valor en Wikidata
Kenosha Editar o valor en Wikidata
Morte6 de decembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Scottsdale Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de próstata Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaResurrection Catholic Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, actor de televisión, actor de cinema, actor de teatro, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1929 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano de California Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJim Ameche Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0000747 Allocine: 1292 Rottentomatoes: celebrity/don_ameche Allmovie: p1323 TCM: 3280 TV.com: people/don-ameche IBDB: 29786
BNE: XX1649715 Musicbrainz: 98c73787-b980-44c4-86b1-b42f558c2631 Discogs: 893935 WikiTree: Amici-17 Find a Grave: 25 Editar o valor en Wikidata

Dominic Felix Amici, nado en Kenosha (Wisconsin) o 31 de maio de 1908 e finado en Scottsdale (Arizona) o 6 de decembro de 1993 foi un actor estadounidense coñecido como Don Ameche ([əˈmiːtʃi]).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ameche naceu en Wisconsin, fillo de Felice Amici, camareiro italiano e de Barbara Etta Hertel, de orixe escocesa, irlandesa e alemá.[2][3][4]

Ameche tiña a intención de estudar dereito, mais atopou máis interesante o teatro e decidiu seguir unha carreira coma actor. Ameche comezou a súa carreira no vodevil e debutou no cinema en 1935. A finais da década xa tiña un nome como actor en Hollywood. Apareceu en filmes como Alexander's Ragtime Band (1938) e The Story of Alexander Graham Bell (1939). Este último fixo que se empregase a palabra "ameche" en argot.[5] No filme de 1940 Go West Groucho Marx di "Teléfono? Estamos en 1870, Don Ameche aínda non inventou o teléfono". Interpretou tantos papeis baseados en personaxes reais que o presentador radiofónico Fred Allen bromeou dicindo que "Moi pronto, Don Ameche interpretará a Don Ameche." Pouco despois, en It's in the Bag! (1945), protagonizado polo propio Allen, efectivamente se interpretou a el mesmo.

Entre 1946 e 1949 foi o propietario do equipo dos Los Angeles Dons da All-America Football Conference, xunto con outros artistas como Bing Crosby e Bob Hope.[6]

En 1983 participou co tamén veterano actor Ralph Bellamy en Trading Places, de John Landis. Isto levounos a volver a triunfar en Hollywood, e co seu seguinte papel, en Cocoon (1985), gañou o Oscar ao mellor actor secundario.

Ameche foi especialmente coñecido tamén polas súas interpretacións na radio, chegando a ter o seu propio programa, The Old Gold Don Ameche Show, na NBC Red a principios da década de 1940.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloPersonaxe
1935Clive of IndiaPrisioneiro (sen acreditar) (sen confirmar)
1935Dante's InfernoHome na caldeira (sen acreditar)
1936Sins of ManKarl Freyman/Mario Signarelli
1936RamonaAlessandro
1936Ladies in LoveDr. Rudi Imre
1936One in a MillionBob Harris
1937In Old ChicagoJack O'Leary
1937Love Is NewsMartin J. Canavan
1937Fifty Roads to TownPeter Nostrand
1937You Can't Have EverythingGeorge Macrae
1937Love Under FireTracy Egan
1938Happy LandingJimmy Hall
1938Alexander's Ragtime BandCharlie Dwyer
1938JosetteDavid Brassard Jr.
1938GatewayDick Court
1939The Three MusketeersD'Artagnan
1939MidnightTibor Czerny
1939The Story of Alexander Graham BellAlexander Graham Bell
1939Hollywood CavalcadeMichael Linnett 'Mike' Connors
1939Swanee RiverStephen Foster
1940Lillian RussellEdward Solomon
1940Four SonsChris Bern
1940Down Argentine WayRicardo Quintana
1941That Night in RioImpersonator Larry Martin/Baron Manuel Duarte
1941Moon Over MiamiPhil 'Mac' McNeil
1941Kiss the Boys GoodbyeLloyd Lloyd
1941The Feminine TouchProf. John Hathaway
1941Confirm or Deny'Mitch' Mitchell
1942The Magnificent DopeDwight Dawson
1942Girl TroublePedro Sullivan
1943Something to Shout AboutKen Douglas
1943Heaven Can WaitHenry Van Cleve
1943Happy LandLew Marsh
1944Wing and a PrayerFlight Cmdr. Bingo Harper
1944Greenwich VillageKenneth Harvey
1945It's in the Bag!Don, A Singing Waiter (cameo)
1945Guest WifeJoseph Jefferson 'Joe' Parker
1946So Goes My LoveHiram Stephen Maxim
1947That's My ManJoe Grange
1948Sleep, My LoveRichard W. Courtland
1949Slightly FrenchJohn Gayle
1954Phantom CaravanLawrence Evans
1961A Fever in the BloodSenator Alex S. Simon
1966Rings Around the WorldEl mesmo
1966Picture Mommy DeadEdward Shelley
1970The BoatniksCommander Taylor
1970Suppose They Gave a War and Nobody CameCol. Flanders
1971Columbo: Suitable for FramingFrank Simpson
1983Trading PlacesMortimer Duke
1985CocoonArt Selwyn
1987PalsArt Riddle / Arthur James Van Pelt
1987BigfootDr. Wallace Wrightwood
1988Coming to AmericaMortimer Duke
1988Things ChangeGino
1988Cocoon: The ReturnArt Selwyn
1990Oddball HallG. Paul Siebriese
1991OscarFather Clemente
1992Folks!Harry Aldrich
1993Homeward Bound: The Incredible JourneyShadow (voz)
1994Corina, CorinaGrandpa Harry
  1. "Ameche, Don". Who Was Who in America, 1993-1996, vol. 11. New Providence, N.J.: Marquis Who's Who. 1996. p. 5. ISBN 0-8379-0225-8.
  2. Flint, Peter B. (8 de decembro de 1993). "Don Ameche Is Dead at 85; Oscar Winner for 'Cocoon'". The New York Times.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 24 de maio de 2015.
  4. Kilen, Mike. "Ameche's son in Iowa City recalls dad's legacy of joy" Arquivado 30/07/2020, en Wayback Machine.. Iowa City Gazette. 8 de decembro de 1993.
  5. Crowe, Jerry (13 de setembro de 2006). "The Dons of L.A. Pro Sports". Los Angeles Times. Consultado o 8 de setembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]