Djibril Diop Mambéty
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xaneiro de 1945 Departamento de Dakar, Senegal |
Morte | 23 de xullo de 1998 (53 anos) París, Francia |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Actividade | |
Ocupación | actor, director de cinema, guionista |
Movemento | Laboratoire Agit'Art (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | UbuWeb Dictionary of African Biography, African Film Festival, Inc. (en) , |
Djibril Diop Mambéty era un actor e director de cine senegalés nado o 23 de xaneiro de 1945 en Dakar (Senegal) e morto o 23 de xullo de 1998 en París.
Montou o seu primeiro café-teatro en Dakar, que foi tamén o primeiro da cidade. Logo de estudar teatro, comezou a súa carreira como actor, tanto en teatro como en cine en diversos filmes senegaleses e italianos. As súas primeiras producións serán de pequena duración, como Contras' city e Badou boy. Pero a súa primeira longametraxe será tamén a que moitos consideran a súa obra mestra, o filme Touki Bouki (A viaxe da hiena), de 1972, onde explora distintos camiños narrativos e un simbolismo descoñecido ata daquela.
O seu segundo filme volverá a empregar a referencia ás hienas, pero sen que teña que ver en absoluto co anterior. Vinte anos despois, e logo de que dirixise a curta Parlons grand-mère (Falemos avoa) sobre unha rodaxe de cinema africano, en 1992 presenta pois Hyènes, que trata da vinganza dunha vella humillada e que se basea na peza teatral de Friedrich Dürrenmatt A visita da vella dama.
En 1995 decide comezar unha triloxía de mediometraxes que chama Histoires de petites gens (historias da xentiña), pero só chega a filmar as dúas primeiras: Le Franc (1995) e La Petite vendeuse de soleil (1998, o ano do seu falecemento). Unha céntrase nun músico que lle acaba de tocar a lotería e a outra nunha mociña que quere vender xornais na rúa, e as dúas inciden no mesmo tipo de personaxes, ao tempo cómicos e dramáticos.
A morte chegoulle como consecuencia dun cancro de pulmón.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Contras'city, 1968, curtametraxe
- Badou boy, 1968 (en branco e negro) e 1969 (cor), mediametraxe. Director e guionista
- Touki Bouki (A viaxe da hiena), 1973, longametraxe. Director e guionista
- Diabugu (1979)
- Parlons Grand-mère (Falemos voa), 1989, curtametraxe
- Hyènes, 1992, longametraxe. Director, gionista e actor
- Le Franc (O franco), (1995), mediametraxe. Director e guionista
- La Petite vendeuse de soleil (A vendedoriña de sol), (1998, mediametraxe. Director, guionista e produtor.