NFC North

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "División Norte da NFC")
NFC North
Fundación 1967 (como NFC Central)
Rexión Flag of the United States.svg Estados Unidos
Equipos 4
Último campión Green Bay Packers
(15º título)
Máis laureado Minnesota Vikings
(19 títulos)

A NFC North ou División Norte é unha das catro divisións que compoñen National Football Conference (NFC) da National Football League (NFL) de fútbol americano. Alcumada a "Black & Blue Division" (do inglés: División negra e azul) pola aspera e dura rivalidade entre os equipos, actualmente está composta por catro equipos: Chicago Bears, Detroit Lions, Green Bay Packers e Minnesota Vikings. Entre 1970 e 2001 a NFC Norte foi coñecida co nome de NFC Central. Entre 1977 e 2001 formaron parte da división os Tampa Bay Buccaneers, sendo posteriormente trasladados á NFC Sur.

Historia[editar | editar a fonte]

A división foi creada en 1967 como a Central Division da Confrencia Oeste da NFL, existindo esta durante tres temporadas antes da fusión AFL-NFL. Despois da fusión mudou o seu nome a NFC Central, o cal mantivo até a creación das oito divisións de 2002. Os catro actuais equipos da división levan xogando na mesma división ou conferencia desde que os Vikings se uniron á liga en 1961. Os Bears, Lions e Packers, por outra banda, levan xuntos desde o comezo do formato de conferencias da NFL en 1933. Debido a que os equipos levan xogando desde aquela entre si un mínimo de dúas veces por ano, coa excepción da temporada de 1982, acurtada por folga, a división enteira está considerada de gran rivalidade.

Equipos[editar | editar a fonte]

Campións de división[editar | editar a fonte]

Minnesota Vikings (19 títulos)
Green Bay Packers (15 títulos)
Chicago Bears (10 títulos)
Detroit Lions (3 títulos)
Ano Equipo Balance Resultado en Playoff
NFL Central (pre-fusión)
1967 Green Bay Packers 9–4–1 Gaña Campionato da NFL
Gaña Super Bowl II
1968 Minnesota Vikings 8–6–0 Perde en rolda Divisional
1969 Minnesota Vikings 12–2–0 Gaña Campionato da NFL
Perde Super Bowl IV
NFC Central (post-fusión)
1970 Minnesota Vikings 12–2–0 Perde en rolda Divisional
1971 Minnesota Vikings 11–3–0 Perde en rolda Divisional
1972 Green Bay Packers 10–4–0 Perde en rolda Divisional
1973 Minnesota Vikings 12–2–0 Perde Super Bowl VIII
1974 Minnesota Vikings 10–4–0 Perde Super Bowl IX
1975 Minnesota Vikings 12–2–0 Perde en rolda Divisional
1976 Minnesota Vikings 11–2–1 Perde Super Bowl XI
1977 Minnesota Vikings 9–5–0 Perde na Final de Conferencia
1978 Minnesota Vikings 8–7–1 Perde en rolda Divisional
1979 Tampa Bay Buccaneers 10–6–0 Perde na Final de Conferencia
1980 Minnesota Vikings 9–7–0 Perde en rolda Divisional
1981 Tampa Bay Buccaneers 9–7–0 Perde en rolda Divisional
1982 Green Bay Packers 5–3–1 Perde en segunda rolda
1983 Detroit Lions 9–7–0 Perde en rolda Divisional
1984 Chicago Bears 10–6–0 Perde na Final de Conferencia
1985 Chicago Bears 15–1–0 Gaña Super Bowl XX
1986 Chicago Bears 14–2–0 Perde en rolda Divisional
1987 Chicago Bears 11–4–0 Perde en rolda Divisional
1988 Chicago Bears 12–4–0 Perde na Final de Conferencia
1989 Minnesota Vikings 10–6–0 Perde en rolda Divisional
1990 Chicago Bears 11–5–0 Perde en rolda Divisional
1991 Detroit Lions 12–4–0 Perde na Final de Conferencia
1992 Minnesota Vikings 11–5–0 Perde en rolda Wild Card
1993 Detroit Lions 10–6–0 Perde en rolda Wild Card
1994 Minnesota Vikings 10–6–0 Perde en rolda Wild Card
1995 Green Bay Packers 11–5–0 Perde na Final de Conferencia
1996 Green Bay Packers 13–3–0 Gaña Super Bowl XXXI
1997 Green Bay Packers 13–3–0 Perde Super Bowl XXXII
1998 Minnesota Vikings 15–1–0 Perde na Final de Conferencia
1999 Tampa Bay Buccaneers 11–5–0 Perde na Final de Conferencia
2000 Minnesota Vikings 11–5–0 Perde na Final de Conferencia
2001 Chicago Bears 13–3–0 Perde en rolda Divisional
NFC North
2002 Green Bay Packers 12–4–0 Perde en rolda Wild Card
2003 Green Bay Packers 10–6–0 Perde en rolda Divisional
2004 Green Bay Packers 10–6–0 Perde en rolda Wild Card
2005 Chicago Bears 11–5–0 Perde en rolda Divisional
2006 Chicago Bears 13–3–0 Perde Super Bowl XLI
2007 Green Bay Packers 13–3–0 Perde na Final de Conferencia
2008 Minnesota Vikings 10–6–0 Perde en rolda Wild Card
2009 Minnesota Vikings 12–4–0 Perde na Final de Conferencia
2010 Chicago Bears 11–5–0 Perde na Final de Conferencia
2011 Green Bay Packers 15–1–0 Perde en rolda Divisional
2012 Green Bay Packers 11–5–0 Perde en rolda Divisional
2013 Green Bay Packers 8–7–1 Perde en rolda Wild Card
2014 Green Bay Packers 12–4–0 Perde na Final de Conferencia
2015 Minnesota Vikings 11–5–0 Perde en rolda Wild Card
2016 Green Bay Packers 10–6–0 Perde na Final de Conferencia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]