Disartria
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A disartria é un problema motor grave da boca e da lingua, que consiste nunha perturbación da articulación dos fonemas producido normalmente por unha lesión do sistema nervioso central. A fala é incorrecta e, a miúdo, inintelixíbel. Preséntase xeralmente en nenos con parálise cerebral. Agás nalgúns casos, a perda da fala vai asociada a alteracións da linguaxe, coma a incapacidade para asociar as pautas motoras e os sons da fala. Existe neste caso correlación coas probas psicolóxicas.
Pódese tamén deber a lesións periféricas que causen a parálise de certos órganos motores de execución da fala.
trazo | articular | fala | ortofonía | voz | comprender | escrita | sintaxe | oralidade | lectura | lexemas | ortografía | movemento | entoación |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ausencia | afasia e afasia evolutiva | afonía | agnosia | agrafía | agramatismo | alalia | alexia | anomia | apraxia | ||||
dificultade | disartria | disfasia | disfemia | disfonía | disgrafía | dislalia | dislexia | disortografía | dispraxia | disprosodia | |||
erro | parafasia | paragrafía | paralexia | ||||||||||