Saltar ao contido

Fala escandida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fala escandida
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Fala escandida (do latín scandĕre) consiste en pronunciar involuntariamente as palabras por sílabas separadas. É unha forma de falar alterada, que se caracteriza por ser lenta e interrompida, como a saltos.[1][2] Tamén se chama escansión[3] (para a acepción de métrica en literatura, véxase escansión).

É un tipo de trastorno da fala no que as sílabas das palabras están separadas por pausas. Corresponde a unha alteración na articulación das palabras característica da disartria, que sofren os pacientes con esclerose múltiple. Non é un trastorno da linguaxe, senón da forma de falar, é dicir, da maneira de pronunciar as palabras.[4]

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

Por lesións no cerebelo típicas da esclerose múltiple. Constitúe un dos tres signos neurolóxicos da tríada de Charcot: nistagmo, tremor intencional e fala escandida.[5]

Cadro clínico

[editar | editar a fonte]

A fala escandida pode ir acompañada doutros signos que tamén indican dano no cerebelo, como ataxia ao andar, no tronco ou nas extremidades, tremor intencional, adiadococinesia, así como náuseas e vómitos bruscos. A escritura deste tipo de pacientes tamén pode ser anormalmente grande.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]