Alexia (lingüística)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A alexia é a perda da capacidade de ler cando xa fora adquirida previamente. Xeralmente vai acompañada pola perda da destreza na escrita (agrafía), aínda que a persoa pode falar e entender a lingua falada.

Un dos casos máis famosos foi o descrito en 1881 polo neurólogo francés Joseph Jules Dejerine. Un exame postmortem do paciente amosou unha lesión no gyrus angularis do hemisferio esquerdo e a sección esplénica do corpo caloso. Aínda que o suxeito dicía as palabras e as letras correctamente, estas carecían de significado para el: era incapaz de unir o que dicía co modelo de son correspondente. Os pacientes que padecen alexia e agrafía non poden recoñecer as verbas que se lles soletrea en voz alta nin soletrear eles unha verba en voz alta.

As investigacións amosan que os nenos recupéranse mellor cós adultos tras dunha lesión cerebral, o que confirma a hipótese de que o hemisferio dereito dos nenos pequenos tén a capacidade para realizar as funcións da linguaxe cando o hemisferio esquerdo esta danado, porque en realidade a causa de todas as alteracións anteriores na infancia está estreitamente relacionada con disfuncións fisiolóxicas do cerebro. A característica máis común de todos estes trastornos é unha dificultade para facer secuencias correctas de letras, de sons ou de movementos. Recoméndase que o ensino terapéutico comece por exercicios sinxelos de unión de letras (dunha consoante seguida por unha vogal) e máis tarde, cando o neno domine este proceso, deberían introducirse exercicios máis amplos e que requiran secuencas auditivo-vocálicas.

Trastornos da linguaxe
trazo articular fala ortofonía voz comprender escrita sintaxe oralidade lectura lexemas ortografía movemento entoación
ausencia
-
afasia e afasia evolutiva
-
afonía agnosia agrafía agramatismo alalia alexia anomia
-
apraxia
-
dificultade disartria disfasia disfemia disfonía
-
disgrafía
-
dislalia dislexia
-
disortografía dispraxia disprosodia
erro
-
parafasia
-
-
-
paragrafía
-
-
paralexia
-
-
-
-