Arquidiocese católica latina de Samoa-Apia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diocese de Samoa e Tokelau»)
Arquidiocese de Samoa-Apia
Archidioecesis Samoa-Apiana
Datos xerais
Erixida20 de agosto de 1850
LocalizaciónSamoa
SufragáneasFunafuti, Samoa-Pago Pago, Tokelau
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

42.500
189.000
Información
Igrexa particularIgrexa Católica Latina
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
ArcebispoAlapati Lui Mataeliga
Outros datos

A arquidiocese de Samoa-Apia (en latín: archidioecesis Samoa-Apiana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 42.500 bautizados sobre unha poboación total de 189.000 habitantes. O seu arcebispo actual é Alapati Lui Mataeliga.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquidiocese abrangue o arquipélago do estado de Samoa.

A sé arcebispal é a cidade de Apia, onde está a Catedral da Inmaculada Concepción.

O territorio está dividido en 38 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

A evanxelización das illas de Samoa comezou en 1845 polos padres maristas.

O 20 de agosto de 1850 foi erixida a vigairía apostólica de Samoa, en territorios tomados da vigairía apostólica de Oceanía central.

O 4 de xaneiro de 1957 tomou o nome de vigairía apostólica de Samoa e Tokelau.

O 21 de xuño de 1966 coa bula papal Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada a diocese, e tomou o nome de diocese de Apia.

O 10 de agosto de 1974 a diocese mudou o seu nome polo de diocese de Apia e Samoa e Tokelau, e o 3 de decembro de 1975 mudouno novamente polo de diocese de Samoa e Tokelau.

O 10 de setembro de 1982 cedeu parte do seu territorio para a creación da diocese de Samoa-Pago Pago e ao mesmo tempo, coa bula Maiorem para utilitatem de Xoán Paulo II, a diocese foi elevada a arquidiocese metropolitana, e tomou o nome de arquidiocese de Samoa-Apia e Tokelau.

O 26 de xuño de 1992 a arquidiocese foi dividida, dando orixe á presente arquidiocese e á misión sui iuris de Tokelau.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]