Jean Baptiste Dieter
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1903 Einhausen, Alemaña |
Morte | 28 de xuño de 1955 (51 anos) Ilhas Samoa (pt) |
Bispo titular | |
16 de novembro de 1953 – Diocese: Gerafi (en) | |
Vigairo apostólico | |
16 de novembro de 1953 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1954–), sacerdote católico (1933–) |
Orde relixiosa | Sociedade de María |
Consagración | Romolo Carboni |
Jean Baptiste Dieter, nado como Johannes Dieter en Einhausen (Alemaña) o 30 de setembro de 1903 e finado en Samoa o 28 de xuño de 1955, foi un eclesiástico católico latino, vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores dende 1953 até a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi ordenado sacerdote da Sociedade de María (maristas) o 29 de xuño de 1933, e a partir de 1937 comezou a traballar en Samoa. O 16 de novembro de 1953 foi nomeado vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores e bispo titular de Ierafi. Recibiu a consagración episcopal de mans do nuncio Romolo Carboni o 19 de maio de 1954 en Apia, e tivo como co-consagrantes ao bispo de Christchurch Edward Michael Joyce e ao vigairo apostólico de Fidxi Victor Frederick Foley. Finou ao ano, o 28 de xuño de 1955; durante o seu breve pontificado tivo como principal prepcupación a formación dos sacerdotes locais, entre eles o futuro cardeal Pio Taofinuʻu, a quen ordenou sacerdote o 8 de decembro de 1954.
Distincións
[editar | editar a fonte]No seu Einhausen natal unha rúa leva o seu nome (Bischof-Dieter-Straße).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bischof-Dieter-Straße in Einhausen, Hessen". Straßen in DE (en alemán). Consultado o 23/09/2018.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Joseph Darnand |
Vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores 1953 - 1955 |
Sucesor: George Hamilton Pearce |