Arquidiocese católica latina de Agaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diocese católica latina de Agaña»)
Arquidiocese de Agaña
Escudo
Datos xerais
LocalizaciónGuam
SufragáneasChalan Kanoa, Illas Carolinas, Illas Marshall
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

157.000 (85,3%)
184.000
Parroquias24
Información
Igrexa particularIgrexa católica latina
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo metropolitanoMichael Jude Byrnes
Outros datos
Páxina webagana-archdiocese.org

A arquidiocese de Agaña (en latín: Archidioecesis Aganiensis) é unha sé metropolitana da Igrexa católica latina. En 2012 contaba con 157.000 bautizados sobre unha poboación de 184.000 habitantes. O arcebispo actual é Michael Jude Byrnes.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquidiocese abrangue o territorio de Guam. A sé arcebispal está na cidade de Hagåtña, onde está a catedral do Doce Nome de María.

O territorio está organizado en 24 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

O 1 de marzo foi erixida a vigairía apostólica de Guam, co breve Ex hac quam divinitus do papa Pío X, en territorios da prefectura apostólica das Illas Marianas,[1] que á súa vez fora erixida en 1902, en territorios da arquidiocese de Cebú. O 4 de xullo 1946 a vigairía ampliou a súa xurisdición ás devanditas Illas Marianas.

O 14 de outubro de 1965, coa bula Centenario anno do papa Paulo VI, a vigairía foi elevada a diocese, e tomou o nome de diocese de Agaña.[2]

O 8 de marzo de 1984 a diocese foi elevada ao rango de arquidiocese coa bula Compertum quidem do papa Xoán Paulo II.[3] O 8 de novembro do mesmo ano cedeu o territorio das illas Marianas para a erección da diocese de Chalan Kanoa (Vialembensis).[4]

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Breve Ex hac quam divinitus" (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) 3: 127. 1911. 
  2. "Bula Centenario anno" (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) 58: 428. 1966. 
  3. "Bula Compertum quidem" (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) 76: 629. 1984. 
  4. "Bula Properamus" (PDF). Acta Apostolicae Sedis (en latín) 77: 110. 1985. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]