Saltar ao contido

Diluvio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diluvio universal»)
O Diluvio. Gustave Doré (1832-1883)

O Diluvio é un episodio escuro da historia da humanidade, tendo sido relatado polas máis diversas fontes. A versión máis coñecida é aquela descrita na Biblia no libro do Xénese, en que Noé constrúe unha arca para abrigar un casal de cada especie de animal e a súa propia familia en canto Deus inundaba toda a Terra cunha choiva que durará 40 días e 40 noites. Ao final dese tempo, cando as augas comezaron a baixar, Noé enviou unha pomba, que lle trouxo unha folla de oliveira. A partir de aí, os descendentes de Noé terían repoboado a Terra, dando orixe a todos os pobos coñecidos.

Características

[editar | editar a fonte]

O acontecemento do Diluvio tamén se describe en fontes Sumerias, Asirias, Armenias e Exipcias, Persas, entre outras, de forma basicamente semellante ao episodio bíblico: Deus (ou o deus en cuestión) decide limpar a terra dunha humanidade corrupta e escolle un home bo aos seus ollos para construír unha arca para abrigar a súa Creación no tempo en que a terra estivese inundada. Despois dun período, a auga descende, a arca fica encallada nunha montaña, os animais repoboan a terra e os descendentes de tal home xeran todos os pobos do mundo.

A consistencia de tales relatos fai que algúns historiadores consideren a hipótese de que unha inundación de proporcións catastróficas teña tido lugar probabelmente na Mesopotamia nalgún momento, forzando a construción ás presas de embarcacións para abrigar os sobreviventes. Algúns menos escépticos cren aínda que a arca presente das diferentes fontes pode ser atopada nalgún punto do Cáucaso, posibelmente no Monte Ararat. Arqueólogos e xeólogos, porén, non atoparon probas de que realmente teña habido unha inundación, nin en ámbito global, nin en ámbito local, nas proporcións descritas nas fontes.

Unha das últimas e máis controvertidas teorías sobre a posíbel orixe deses mitos de Diluvio sexa a Teoría de Ryan-Pitman, que avanza a hipótese da rápida subida das augas na bacía do Mar Negro, ocasionada pola ruptura dun dique natural formado antigamente polo estreito de Bósforo, por volta de -5600. Investigacións submarinas revelaron restos de habitacións primitivas e utensilios no fondo do Mar Negro, nunha clara indicación de que partes do actual mar foron habitadas hai algúns millares de anos.

Algúns grupos que apoian o creacionismo toman o Diluvio bíblico como xustificación para a extinción de especies, como os dinosauros (que terían ficado fóra da arca), usándoo como argumento contra a teoría da evolución e desprezando o tempo xeolóxico en que os seus fósiles son atopados. Non existe nada na Biblia que xustifique esa afirmación, pois non hai ningún relato que indique que os homes viviron na mesma época que os dinosauros, o que está de acordo cos achados xeolóxicos.

Na esfera cultural hebraica primitiva, o evento do Diluvio contribuíu no estabelecemento dunha identidade étnica entre os diferentes pobos semíticos (todos descendentes de Sem, fillo de Noé), ben como súa distinción dos outros pobos ao seu redor (cananeos, descendentes de Canaá, neto de Noé, nubios ou cuxitas, descendentes de Cuxe, outro neto de Noé, e etc.). No Antigo Testamento, Noé maldicira a Canaá e bendicira a Sem, o que serviría máis tarde como unha das xustificacións para a invasión e conquista da terra dos cananeos polas Tribos de Israel.