Dicionario do Galego do Bierzo
Dicionario do Galego do Bierzo | |
---|---|
Autor/a | Sara Rodríguez Fernández |
Lingua | lingua galega |
Editorial | Universidade de Vigo |
Data de pub. | 2023 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Dicionario do Galego do Bierzo[1] é unha obra publicada pola Universidade de Vigo no 2023. Recompilado por Sara Rodríguez Fernández, recolle ao longo de 265 páxinas quince mil palabras de uso habitual na lingua galega do Bierzo. O libro presentouse en decembro de 2023[2] na cidade de Ponferrada, e xorde da "necesidade de recoller e de recompilar nunha mesma obra o léxico que tantas persoas empregaron, e empregan sen moitas veces ser conscientes, ao longo da súa vida".
O dicionario recolle voces dos concellos de Arganza, Barxas, Borrés, Carracedelo, Camponaraia, Candín, Carucedo, Corullón, Oencia, Ponte de Domingos Flórez, Toural dos Vaos, Trabadelo, Valboa, A Veiga de Espiñareda, A Veiga de Valcarce e Vilafranca, así como dalgunhas pedanías dos concellos de Fabeiro, Peranzais e Ponferrada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Fernández, Sara (2023). Dicionario do Galego do Bierzo. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-984-9.
- ↑ Redacción (16 de decembro de 2024). "Un dicionario recolle o léxico galego para que siga presente na cultura do Bierzo". bierzodiario.es. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.