Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego
Autor/aXosé Luís Franco Grande
Lingualingua galega e lingua castelá
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1968
editar datos en Wikidata ]
Para o dicionario de Leandro Carré Alvarellos vexa Diccionario galego-castelán.

O Diccionario galego-castelán[1] é un dicionario bilingüe galego castelán coas definicións en castelán elaborado por Xosé Luís Franco Grande para a Editorial Galaxia en 1968, para a segunda edición publicada en 1972 engadíronse 5.000 voces novas ata totalizar 42.674, incorporándose un vocabulario castelán galego que se publicou tamén de forma independente, o dicionario foi un éxito editorial, tivo oito edicións, a última en 1983, vendendo máis de 90.000 exemplares.

Elaboración[editar | editar a fonte]

Franco Grande publicou un dicionario que pretendía cubrir a necesidade do galego de contar cun dicionario manual para un público amplo[2], integrou para iso os dicionarios galegos anteriores eliminando as palabras coincidentes co castelán e integrando outras procedentes de obras lexicográficas[3] que tiveran escasa difusión ata entón e da súa comarca natal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego é o título desde a segunda edición.
  2. Santamarina, A.: "Los diccionarios gallegos y su versión electrónica", en Colón, G. e Gimeno, L. (eds.): Els noms i els conceptes: noves tendències en l'estudi del lèxic. Universitat Jaume I, 2006, p. 204.
  3. Santamarina, A.: "Norma e estándar", en Monteagudo, H. (ed.): Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Galaxia, 1995, p. 83.