Diana Scultori
Nome orixinal | (it) Diana Scultori Ghisi |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1547 (Gregoriano) Mantua, Italia |
Morte | abril de 1612 (64/65 anos) Roma, Italia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Italia |
Ocupación | gravadora, artista, pintora, escultora, artista visual |
Profesores | Giovanni Battista Scultori (pt) e Giulio Romano (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Francesco Capriani |
Pai | Giovanni Battista Scultori |
Irmáns | Adamo Scultori |
Descrito pola fonte | Web Gallery of Art (pt) , (sec:SCULTORI, Diana) Women Painters of the World (Pintoras do Mundo) (pt) , (sec:Ghisi, Diana) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Diana Scultori, nada en Mantua en 1547 e finada Roma o 5 de abril de 1612, foi unha gravadora italiana tamén coñecida como Diana Mantuana e Diana Ghisi.[1] É unha das primeiras gravadoras coñecidas, realizando principalmente gravados que reproducían de pinturas ou debuxos coñecidos, especialmente de Rafael e Giulio Romano, ou esculturas romanas antigas.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi unha dos catro fillos do escultor e gravador Giovanni Battista Scultori e irmá do artista Adamo Scultori, que era moitos anos máis vello ca ela. Ambos son a miúdo chamados "Ghisi" pola estreita asociación da familia con Giorgio Ghisi, un artista máis significativo, e unha interpretación errónea dunha observación de Vasari. Diana aprendeu a arte do gravado do seu pai, e probablemente do seu irmán.[3] Aparece mencionada na segunda edición de Vidas dos artistas de Giorgio Vasari (1568).[4]
En 1565 coñeceu o seu primeiro marido, o arquitecto Francesco da Volterra (Capriani). A parella mudouse a Roma en 1575. Unha vez en Roma, Diana utilizou o seu coñecemento dos negocios dentro do mundo da arte para promover a carreira do seu marido.[4] O 5 de xuño de 1575, recibiu un privilexio papal para facer e comercializar a súa propia obra.[4] Aproveitou a importancia da sinatura e da dedicación para a súa vantaxe. Tres anos despois (1578) deu a luz o seu fillo Giovanni Battista Capriani. Tanto Diana como Francesco convertéronse, de xeito simbólico, en membros da Arquiconfraría do Cordón de San Xosé durante a súa carreira artística.[3]
A súa última estampa datada, de 1588, foi A sepultura sobre Paris Nogari. Despois da morte do seu marido, casou con Giulio Pelosi, outro arquitecto, en 1596, que era 20 anos máis novo ca ela.[5] É improbable que fixera impresións posteriores a 1588, mais o motivo polo que parou continúa sen descubrirse. Morreu 24 anos despois en Roma o 5 de abril de 1612, aos 64 ou 65 anos. Varios dos seus gravados continuaron imprimíndose despois da súa morte.[6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Gravado de Anfión e Zethus atando a Dirce a un touro salvaxe, o Touro Farnese, famosa escultura romana escavada recentemente
-
O portador de serpes, sobre Giulio Romano
-
Latona dando a luz a Apolo e Diana na illa de Delos, sobre Giulio Romano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DianaScultori". CLARA Database of Women Artists. National Museum of Women in the Arts, Washington, D.C. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014.
- ↑ Brodsky, Judith K (1976-01-01). "Some notes on women printmakers". The Art Journal (en inglés) 35 (4): 374–377. ISSN 0004-3249. OCLC 888603731. doi:10.1080/00043249.1976.10793310.
- ↑ 3,0 3,1 Lincoln, Evelyn (1 January 1997). "Making a Good Impression: Diana Mantuana's Printmaking Career". Renaissance Quarterly 50 (4): 1101–1147. JSTOR 3039405. doi:10.2307/3039405.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Diana Scultori". CLARA Database of Women Artists. National Museum of Women in the Arts, Washington, D.C. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2014.
- ↑ Pagani, Valeria (1992). "Review of Adamo Scultori and Diana Mantovana by Paolo Bellini". Print Quarterly 9: 72–87.
- ↑ Mantuana [Ghisi; Mantovana; Scultori], Diana, (Grove Art Online. 20 de outubro de 2006), 1
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diana Scultori |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Engravings of Giorgio Ghisi. Nova York: Metropolitan Museum of Art.
- Nicholson, Elizabeth S. G. "Diana Scultori." Italian Women Artists from Renaissance to Baroque: National Museum of Women in the Arts. Milán: Skira, 2007. 126–34. Print
- Austin, Jamie . "Italian Art: Women Artist Part II." lifeinitaly.com. 10 Feb 2008 Italian Art: Women Artist II
- Pagani, Valeria. “A Lunario for the years 1584-1586 by Francesco da Volterra and Diana Mantovano.” Print Quarterly, 8 (1991): 140–5.
- Bellini, Paolo. L’opera incisa di Adamo e Diana Scultori (Vicenza: Neri Pozza, 1991).
- Brodsky, Judith K. 1976. "Some notes on women printmakers". The Art Journal / College Art Association of America. XXXV/4, 374–377.
- Hewitt, Dawn Elizabeth. 2015. "Diana Mantuana: Becoming the first female engraver". Diana Mantuana [electronic resource] : becoming the first female engraver /
- National Museum of Women in the Arts (2007). Italian Women Artists from Renaissance to Baroque. Milán: Skira. pp. 126–33.
- Banta, Andaleeb Badiee, Alexa Greist, and Theresa Kutasz Christensen, eds. Making her Mark: A History of Women Artists in Europe, 1400-1800. Toronto, Ontario: Goose Lane Editions, 2023