O diaño de Tasmania (Sarcophilus harrisii) é un marsupialcarnívoro que actualmente só se atopa en estado salvaxe no estado insular australiano de Tasmania. O diaño de Tasmania é o único membro vivente do xéneroSarcophilus. Co tamaño dun can pequeno, pero robusto e musculado, o diaño de Tasmania é actualmente o meirande marsupial carnívoro do mundo, despois da extinción do tigre de Tasmania en 1936. Caracterízase pola súa pelaxe negra, o fedor que emite cando se pon nervioso e a súa ferocidade cando se alimenta. Sábese que caza presas pero que tamén que se alimenta de prea. Malia que adoita ser solitario, tamén se alimenta en grupos.
O diaño de Tasmania foi extirpado do continente australiano uns 400 anos antes da colonización europea en 1788. Como eran vistos como unha ameaza para o gando, foron cazados até 1941, cando foron protexidos oficialmente. Dende finais da década de 1990, o cancro facial do diaño de Tasmania reduciu a poboación de diaños significativamente e, actualmente, ameaza a supervivencia da especie, que en maio de 2009 foi declarada ameazada. O goberno de Tasmania emprendeu programas para reducir o impacto da enfermidade.