Sarcophilus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sarcophilus
Rango fósil: Plistoceno - actual
O diaño de Tasmania é a única especie viva do xénero Sarcophilus
O diaño de Tasmania é a única especie viva do xénero Sarcophilus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Clase: Mammalia
Infraclase: Marsupialia
Orde: Dasyuromorphia
Familia: Dasyuridae
Tribo: Dasyurini
Xénero: Sarcophilus
F.G. Cuvier, 1837
Especie tipo
'Sarcophilus laniarius'
Owen, 1838
Species

Sarcophilus é un xénero de marsupiais carnívoros dasiúridos do que existe unha única especie actual, o diaño de Tasmania e outras extinguidas coñecidas por fósiles.

Hai catro especies de Sarcophilus. S. laniarius e S. moornaensis coñécense por fósiles que datan do Plistoceno. S. laniarius era máis grande que a especie supervivente actual S. harrisii (diaño de Tasmania), e pesaba ata 10 kg máis ca el. As relacións entre as catro especies non están claras; aínda que algúns autores propuxeron que S. harrisii pode ser unha versión da illa de Tasmania con ananismo insular do S. laniarius da Australia continental,[1] outros argumentan que é unha especie completamente dierente e que os dous puideron coexistir durante o Plistoceno. Outra especie extinta é S. prior.

O nome do xénero derivouse do grego e significa 'amante da carne', por ser un voraz carnívoro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Owen, David; Pemberton, David (2005). Tasmanian Devil: A unique and threatened animal. Crows Nest, New South Wales: Allen & Unwin. Páxina 36. ISBN 978-1-74114-368-3. Arquivado do orixinal o 14 de setembo de 2011.
  • Long, J., Archer, M., Flannery, T. and Hand, S. 2002. Prehistoric Mammals of Australia and New Guinea: One Hundred Million Years of Evolution. Johns Hopkins University Press. pp 55. ISBN 0-8018-7223-5.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.