Dezasete Provincias
Zeventien Provinciën (nl) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Círculo imperial (pt) | Círculo da Borgonha (pt) | ||||
Capital | Bruxelas | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1482 (Gregoriano) | ||||
Disolución | 1581 | ||||
Sucedido por | Provincias Unidas e Países Baixos españois | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
As Dezasete Provincias é a denominación que se outorgou aos dezasete territorios da rexión dos Países Baixos (Nerderlanden ou Lage Landen) que formaron unha entidade territorial vinculada á dinastía Habsburgo durante o século XVI; e que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Norte de Francia) e unha pequena parte do Oeste de Alemaña.
Composición
[editar | editar a fonte]O mapa (Low coutries, 1477) corresponde ás seguintes provincias:
- Condado de Artois
- Condado de Flandres, incluíndo os Burgrave de Lille, Douai, Orchies e Señorío de Tournai
- Señorío de Malinas
- Condado de Namur
- Condado de Hainaut
- Condado de Zelandia
- Condado de Holanda
- Ducado de Brabante, incluíndo o Margrave de Anveres, os condados de Leuven e Bruxelas
- Ducado de Limburgo, incluíndo os condados de Dalhem e Valkenburg o señorío de Herzogenrath
- Ducado de Luxemburgo
- Príncipe-Bispado de Utrecht, máis tarde Señorío de Utrecht
- Señorío de Frisia
- Ducado de Gueldria e Condado de Zutphen
- Señorío de Groninga
- Ommelanden
- Señoríos de Drenthe, Lingen, Wedde, e Westerwolde
- Señorío de Overijssel
Non sempre as Dezasete Provincias foron as mesmas, sendo representadas no Estados Xerais dos Países Baixos de diferentes xeitos, incluíndose ás veces algunhas provincias dentro doutras. Por exemplo, nos últimos anos o Condado de Zutphen converteuse en parte do Ducado de Gueldria, e o Ducado de Limburgo dependía do Ducado de Brabante. Por outra banda, as cidades francófonas de Flandres ás veces tamén foron recoñecidas como unha provincia.
Ademais, houbo unha serie de feudos da rexión que non chegaron a formar parte das Dezasete Provincias. O maior deles foi o Prince-Bispado de Liexa (a zona verde no mapa), que incluía o Condado de Horne. No norte, tamén houbo algunhas entidades máis pequenas como a Illa de Ameland, que chegou a manter os seus propios señores até a Revolución Francesa.
Así pois os historiadores manexan distintas variacións da lista. O número de pronvincias probabelmente puido ser elixido debido á súa connotación cristiá.[1]
Desenvolvemento histórico
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]En 1549, estabeleceuse na Pragmática Sanción que os territorios dos Países Baixos formarían unha entidade territorial indivisible, as Dezasete Provincias, que sería herdada polo mesmo monarca, o Señor dos Países Baixos (Heer der Nederlanden).
Desta forma, o Señor dos Países Baixos é unha forma descritiva para designar ao soberano dos territorios das Dezasete Provincias, e que englobaba os títulos de Duque de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo e Gueldria, conde de Flandres, Artois, Hainaut, Holanda, Zelandia, Namur e Zutphen, Margrave do Sacro Imperio Romano, Señor de Frisia, Malinas, e das cidades, pobos e terras de Utrecht, Overijssel e Groninga.
O 25 de outubro de 1555, o emperador Carlos V abdicou en favor do seu fillo Filipe a xefatura de Orde do Vélaro de ouro, o ducado de Borgoña e por tanto, os dezasete territorios dos Países Baixos.
A Guerra de Flandres
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Guerra de Flandres.
Dentro da monarquía hispánica, os Países Baixos ofrecían unha boa vitalidade económica, cunha asentada clase mercantil, así que os intentos de incrementar os impostos para sufragar as guerras, a defensa dos seus privilexios e a difusión do calvinismo creou un foco de resistencia que conduciu á rebelión xeral na zona contra a política española.
En 1568, comezou a rebelión nos Países Baixos, que daría lugar Guerra dos Oitenta Anos. O 5 de xaneiro de 1579, os Católicos formaron a Unión de Arras, coas provincias de Artois, Hainaut e parte de Flandres (Lille, Douai e Orchies). Os Protestantes en contraposición constituíron o 23 de xaneiro a Unión de Utrecht con Holanda, Zelandia, Utrecht, Gueldria, Groniga, e posteriormente cidades de Brabante e Flandres.[2]
O 26 de xullo de 1581, as provincias de Brabante, Gueldria, Zutphen, Holanda, Zelandia, Frisia, Malinas e Utrech,[3] anularon nos Estados Xerais a súa vinculación co Rei de España Filipe II, polo Acta de Abxuración, e elixiron como soberano a Francisco de Anjou.
Porén, legalmente Filipe II non renunciou a eses territorios, e o gobernador dos Países Baixos Alexandre Farnesio iniciou a contraofensiva, recuperando á obediencia do rei de España Filipe II gran parte do territorio,[4] especialmente tralo asedio de Anveres, mais parte deles volvéronse a perder trala campaña de Mauricio de Nassau.
Antes da morte do Rei de España, o territorio dos Países Baixos, en teoría as Dezasete Provincias, non pasou ao seu fillo Filipe III, senón conxuntamente á súa filla, Sabela Clara Euxenia, e o seu xenro o arquiduque Alberte de Austria pola Acta de Cesión do 6 de maio de 1598.[5][6]
Os tratados de paz con Francia (1598) e con Inglaterra (1604) e o esgotamento pola guerra levaron ao establecemento da tregua dos doce anos.
Escisión
[editar | editar a fonte]Na práctica os territorios do norte formaban as Provincias Unidas: Holanda, Zelandia, Utrecht, Gueldria (con Zutphen), Overijssel (con Drente), Frisia e Groniga, ademais dos territorios da Xeneralidade (partes de Brabante, Flandres e Limburgo). E os territorios do sur baixo a soberanía dos Habsburgo, formaron os Países Baixos españois: Flandres, Artois, Hainaut, Namur, Luxemburgo, Brabante, Anveres, Malinas e Limburgo. Isto reflectiuse nos Estados Xerais xa que na parte norte establecéronse n'A Haia e na parte sur en Bruxelas.
Deste xeito pola Acta de Abxuración de 1581 e a Tregua dos doce anos de 1609 formáronse dúas entidades políticas: ao norte, as Provincias Unidas e ao sur os Países Baixos españois. E pode darse por finalizado o período propiamente histórico das Dezasete Provincias e iníciase o dos Países Baixos dos Habsburgo ao sur do territorio, e as Provincias Unidas ao norte do territorio.
En 1621, morreu o arquiduque Alberte sen ter descendencia, e pola Acta de Cesión de 1598, a pretendida soberanía sobre as 17 provincias (de feito a parte sur soamente), pasou ao rei de España e sobriño de Sabela Clara Euxenia, Filipe IV, o que coincidiu co final da tregua e o comezo da Guerra dos Trinta Anos.
Finalmente, tras unha guerra infrutuosa, o 30 de xaneiro de 1648, no tratado de Münster, España recoñeceu a total independencia da República das Provincias Unidas e o Rei eliminou dos seu títulos o de Conde de Holanda, Zelandia e Zutphen,Señor de Frisia e das cidades, pobos e terras de Utrech, Overijssel e Groninga. Con este acto España recoñecía definitivamente a extinción das Dezasete Provincias.
Escudos
[editar | editar a fonte]-
Señorío de Drente
-
Condado de Artois
-
Ducado de Brabante
-
Señorío de Malinas
-
Condado de Flandres
-
Señorío de Frisia
-
Señorío de Groninga
-
Ducado de Gueldria
-
Condado de Hainaut
-
Condado de Holanda
-
Ducado de Limburgo
-
Ducado de Luxemburgo
-
Marquesado de Anveres
-
Condado de Namur
-
Señorío Overijssel
-
Señorío de Utrecht
-
Condado de Zelandia
-
Condado de Zutphen
-
Bispado de Tournai
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Universidade de Leiden". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2020. Consultado o 29 de abril de 2009.
- ↑ "Collectie Nationaal Archie". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 29 de abril de 2009.
- ↑ Transcrición da Acta de Abxuración.[Ligazón morta]
- ↑ WHKMLA History of the Netherlands - The Dutch Revolt, 1572-1609
- ↑ Historia xeral de España, Juan de Mariana (1820)
- ↑ "Boletín da Real Academia da Historia, xullo de 1906" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de abril de 2009.