Alessandro Farnese (duque de Parma)
Alessandro Farnese | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de agosto de 1545 |
Lugar de nacemento | Roma |
Falecemento | 3 de decembro de 1592 |
Lugar de falecemento | Arras |
Soterrado | Sanctuary of Santa Maria della Steccata |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Alcalá |
Ocupación | militar, diplomático e militante |
Pai | Octávio Farnésio |
Nai | Margarida de Parma |
Cónxuxe | Maria de Portugal, Duquesa de Parma e Piacenza |
Fillos | Ranuccio I Farnésio, Margarida Farnésio e Eduardo Farnésio |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alessandro Farnese, nado en Roma o 27 de agosto de 1545 e finado en Arras (Francia) o 3 de decembro de 1592, foi un xeneral español e duque de Parma.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Margarida de Parma e polo tanto neto de Carlos I. Estudou na Corte española e casou con María de Portugal. En 1571 destacou na batalla de Lepanto como man dereita de Juan de Austria. No 1574 ordénaselle dirixi-los terzos españois en Italia, cos que se dirixiu a Flandres para defende-los intereses da coroa. No 1578 seguindo a recomendación do seu fillo Xoán, Filipe II nomeouno gobernador dos Países Baixos.
Durante o seu goberno tomou Maastricht e confirmou a vixencia do Edicto Perpetuo, tratado polo cal Filipe II era recoñecido como único monarca lexítimo dos Países Baixos e a católica como a única relixión. Nos seguintes anos, combatendo contra a Unión de Utrecht comandada por Guillerme de Orange, Farnesio tivo que ceder algunhas prazas importantes: Cambrai, Antuerpen... Pero cos asasinatos do duque de Anjou e de Guillerme de Orange, líderes da Unión de Utretch, os terzos españois recuperaron Bruxelas, Gante e Antuerpen (1585).
No 1587 defende Flandres contra a invasión inglesa comandada polo duque de Leicester.
En 1590 entra en Francia para defende-los intereses da Liga Católica e derrota a Henrique IV na batalla de Ligny. Logo liberou vilas como Nimega e Rúan, e venceu a Henrique IV unha vez máis na batalla de Aumale. Falecería de febre tras recibir unha bala nunha das batallas en Francia.
Un terzo da Lexión Española leva na súa honra o seu nome.