Desoxitimidina difosfato
A desoxitimidina difosfato ou difosfato de desoxitimidina, abreviado como dTDP (ou tamén timidina difosfato ou TDP) é un nucleósido difosfato formado polo nucleósido desoxitimidina esterificado cun grupo de dous fosfatos[1]. A molécula consta do azucre desoxirribosa unido á base nitroxenada timina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificado no carbono 5', os cales están unidos entre si por enlace anhidro.
O nome da molécula con frecuencia abréviase coas siglas TDP, pero é máis exacto denominala dTDP, xa que realmente é un desoxirribonucleótido. O feito de que con frecuencia se use por economía TDP en vez de dTDP é porque non hai confusión con outros nucleótidos, xa que só aparece na forma desoxi formando parte do ADN e non hai un nucleótido similar con ribosa na célula, a diferenza do que sucede cos outros nucleótidos nos que si hai que distinguir.
O dTDP orixínase por fosforilación do dTMP na reacción[1]:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. ISBN 84-282-0738-0