Agricultura de guerrilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Rapaces de Calgary sementando á maneira da agricultura de guerrilla.

A agricultura de guerrilla é unha forma de acción directa non-violenta relacionada coa reforma agraria e o desenvolvemento sustentábel.

Características[editar | editar a fonte]

Os activistas ocupan unha porción de terra erma ou cuxos cultivos ou plantas non lles pertencen, posto que formulan a necesidade de reconsiderar a maneira de tenencia de terras e reclaman así o espazo utilizado de forma errónea para lle asignar un novo propósito e utilidade.

Moitos destes agricultores levan a cabo a súa ocupación durante a noite, en relativo segredo para sementar ou coidar un novo xardín ou plantación. Outros traballan dunha forma máis aberta, buscando a cooperación de membros da comunidade rural local onde leve a cabo.

O acto convértese así nunha forma de activismo ecolóxico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]