Dereito a morrer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O dereito de morrer é un concepto ético e xurídico que sostén a liberdade dun ser humano para acabar coa súa vida ou para someterse a eutanasia voluntaria. Habitualmente alúdese á posesión deste dereito por parte de persoas cunha enfermidade terminal ou sen a vontade de continuar vivindo, ás que se pode permitir acabar coa súa propia vida, rexeitar un tratamento que prolongue a súa vida ou o uso do suicidio asistido ou a eutanasia. A cuestión de quen debería poder exercer este dereito adoita ser central no debate.

Algúns académicos e filósofos como David Benatar consideran este debate nos termos do antinatalismo. Debido a que os seres humanos non teñen capacidade de axencia no seu nacemento, ninguén debería ter autoridade sobre a decisión dunha persoa de continuar vivindo ou de morrer.[1]

Os defensores do dereito a morrer adoitan asocialo coa idea de que o propio corpo e a propia vida son unicamente propiedade dun mesmo e débese dispoñer deles como se considere conveniente. Aínda así, adóitase contrapor un interese estatal lexítimo que impida os suicidios irracionais. Por exemplo, Avital Pilpel e Lawrence Amsel consideran:

Os defensores contemporáneos do "suicidio racional" ou do "dereito a morrer" xeralmente esixen por "racionalidade" que a decisión de matarse a un mesmo sexa unha elección autónoma do axente (é dicir, que non se deba a unha presión do médico ou da familia para "facer o correcto" e suicidarse) que a elección sexa a "mellor opción nesas circunstancias" (desexada polos estoicos ou os utilitarios), así como outras condicións naturais como que a decisión sexa estable, que non sexa unha decisión impulsiva, que non se deba a unha enfermidade mental, que leve a cabo tras unha deliberación, etc.[2]

As posturas relixiosas en torno ao suicidio varían desde as prácticas hinduístas e xainistas de suicidio non violento a través do xaxún (prayopavesa e salekana, respectivamente) até consideralo un pecado grave, como no catolicismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benatar, David (2017). The Human Predicament: A Candid Guide to Life's Biggest Questions. Oxford University Press. ISBN 9780190633844. OCLC 969543345. 
  2. A Pilpel. "What is Wrong with Rational Suicide" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]