Deng Xi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDeng Xi
Biografía
Nacemento545 a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte501 a. C. Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , funcionario Editar o valor em Wikidata
MovementoEscola dos Nomes Editar o valor em Wikidata
LinguaChinés clásico Editar o valor em Wikidata

Deng Xi (chinés tradicional: 鄧析; chinés simplificado: 邓析; pinyin: Dèng Xī; Wade-Giles: Teng4-hsi1), nado no reino de Zheng no 545 a.C. e finado no mesmo lugar no 501 a.C., foi un filósofo chinés de finais do período de Primaveras e Outonos. Foi unha das figuras máis representativas da Escola dos Nomes.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deng Xi foi un dos subordinados do político e pensador Zi Chan, gobernador do reino de Zheng.[2] Baixo o seu mandato, Deng Xi ocupou un posto de funcionario de alto rango.[2] Porén, Deng Xi discrepou co código penal elaborado por Zi Chan, xa que prohibía as críticas públicas ao emperador.[3] As medidas tomadas por Deng Xi para facer accesibles as leis produciron descontento entre a nobreza de Zheng, e o filósofo foi finalmente asasinado por Si Chuan, un gobernante de Zheng.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Deng foi o primeiro en defender a idea de nomear os castigos, que tería gran influencia no pensamento lexista. Tamén propugnou a teoría das dúas alternativas, que propugnaba unha visión sofística da arte da retórica, iniciando así a Escola dos Nomes.[2] O Hanshu ("Libro dos Han"), inclúeo na súa lista de membros da Escola dos Nomes, e atribúelle dúas obras.[4]

Por outra banda, Deng opúxose ao respecto dos confucianos polos ritos, e en especial os ritos dos Zhou. Por iso, moitos pensaban que "consideraba correcto o incorrecto, e incorrecto o correcto".

Deng escribiu o Deng Xi zi ("Libro do mestre Deng Xi"), que consta de dous tomos. Porén, existen dúbidas sobre a súa autenticidade, xa que podería ser unha falsificación posterior. O Siku Quanshu ("A biblioteca dos Catro Tesouros") clasifícao como unha obra lexista.

Críticas[editar | editar a fonte]

Xunzi criticou a Deng Xi e Hui Shi, aducindo que os que non respectan aos reis sabios da antigüidade e non seguen os rituais só serven para os xogos de palabras e os debates.[1] Así, eloxia a súa intelixencia e capacidade de análise, mais considera a súa retórica como inútil e enganosa.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Fraser, Chris (2020). Zalta, Edward N., ed. School of Names (Winter 2020 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "School of Names > Deng Xi’s Exploits (Stanford Encyclopedia of Philosophy)". plato.stanford.edu (en inglés). Consultado o 2023-12-31. 
  3. "Deng Xi, the Philosopher Who Argued From Both Sides - Looking for Wisdom". www.lookingforwisdom.com (en inglés). 2021-02-04. Consultado o 2023-12-31. 
  4. "Han Shu : 志 : 艺文志 - Chinese Text Project". ctext.org (en chinés). Consultado o 2023-12-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]