Saltar ao contido

Debate sobre o hipocampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O debate sobre o hipocampo ou controversia sobre o hipocampo, que tamén se coñeceu como a gran cuestión do hipocampo, foi unha controversia cientíica do século XIX sobre a anatomía dos simios e a singularidade dos humanos. A disputa entre Thomas Henry Huxley e Richard Owen sobre este tema converteuse nun asunto central no debate científico sobre a evolución humana que se produciu despois da publicación do libro A orixe das especies de Charles Darwin. O nome da polémica ("gran cuestión") procede do título dunha sátira que escribiu o reverendo Charles Kingsley sobre as discusións, que en forma modificada apreceu como "o gran test do hipopótamo" no libro para nenos de Kingsley de 1863 The Water-Babies, A Fairy Tale for a Land Baby (Os bebés de auga, un conto de fadas para un neno de terra). Xunto con outras comedias humorísticas sobre o tema, este axudou a espallar a popularidade das ideas de Darwin sobre evolución.

O punto clave que Owen sostiña era que os humanos eran os únicos que tiñan unha parte do cerebro que entón se coñecía como hipocampo menor (agora chámase calcar avis), e que esta característica deu ao ser humano características únicas. Porén, unha disección coidadosa mostrou finalmente que os simios e outros monos tamén tiñan un hipocampo menor.

Introdución[editar | editar a fonte]

En outubro de 1836 Charles Darwin tornou da súa viaxe no Beagle con coleccións de fósiles que o anatomista Richard Owen describiu, contribuíndo ao comezo da teoría de Darwin da evolución por selección natural. Darwin esbozou a súa teoría no seu libro Essay de 1844, e discutiu a transmutación co seu amigo Joseph Dalton Hooker. Non lle dixo nada a Owen, quen era un prometedor "Cuvier inglés" e mantiña a crenza convencional de que cada especie fora creada como única e perfectamente adaptada. A brillantez e habilidades políticas de Owen convertérono nunha figura destacada entre a clase científica, desenvolvendo as ideas dos arquetipos divinos producidos por vagas leis secundarias similares a unha forma de evolución teísta, á vez que salientaba as diferenzas que separaban os simios dos humanos.[1][2] A finais de 1844 o libro anónimo Vestiges of the Natural History of Creation (Vestixios da Historia Natural da Creación) espertou un grande interese público na transmutación das especies e na idea de que os seres humanos descendían dos simios, e despois dunha lenta resposta inicial, sufriu unha forte condena do estamento científico.[3]

Darwin debatía o seu interese pola transmutación con amigos como Charles Lyell, mentres que Hooker finalmente leu o Essay de Darwin en 1847. Cando Thomas Henry Huxley fixo unha crítica severa da última edición de Vestiges en 1854, Darwin escribiulle, amigablemente pero admitindo cautelosamente que era "case heterodoxo sobre as especies".[4] Huxley estaba cada vez máis irritado pola subestimación e manipulación de Owen, e ao obter un posto de profesor na Escola de Minas, empezou a atacar abertamente o traballo de Owen.[5]

O hipocampo menor[editar | editar a fonte]

En 1564 Aranzi deulle o nome de hipocampo a unha característica prominente do piso dos ventrículos laterais do cerebro, xa que a súa forma curva en cada lado parecía lembrar un cabaliño de mar ou Hippocampus (aínda que Mayer usou por erro o termo hipopótamo en 1779, e foi seguido por outros ata 1829). Nesa mesma época unha crista do corno occipital denominouse calcar avis, pero en 1786 foi renomeado como hipocampo menor, mentres que o hipocampo foi nomeado hipocampo maior.[6]

cerebro seccionado e etiquetado para mostrar as súas partes internas
O hipocampo menor é un pequeno pregamento sobre o corno occipital cara á parte posterior do cerebro (á dereita) ata a parte posterior do hipocampo maior, que forma unha crista curva a cada lado da área cental inferior.

Richard Owen presentou varios artigos sobre as diferenzas anatómicas entre monos e humanos, argumentando que foran creados separadamente e salientando a imposibilidade de que os simios fosen transmutados a seres humanos.[7] En 1857 foi aínda máis lonxe, presentando un artigo acreditado á Sociedade Lineana de Londres sobre os seus estudos anatómicos dos cerebros de primates e afirmando que os humanos non eran simplemente unha orde biolóxica distinta dentro dos primates, como aceptaran grandes naturalistas como Carl Linné e Georges Cuvier, senón unha subclase separada de mamíferos, diferente de todos os outros primates e mamíferos en xeral. Owen apoiaba este argumento cunha figura feita por el dun mono de Suramérica, unha figura do cerebro dunha muller khoikhoi surafricana feita por Friedrich Tiedemann, e outra dun cerebro de chimpancé obra de Jacobus Schroeder van der Kolk e Willem Vrolik.[8]

Aínda que Owen concedía que a "omnipresente similitude de estrutura, cada dente, cada óso, [era] estritamente homóloga", o que facía difícil que os anatomistas determinasen as diferenzas entre humanos e simios, el baseaba a súa nova clasificación en tres características, as cales para el distinguían "a superior forma do cerebro" dos humanos, a máis importante era que, segundo el, soamente o cerebro humano tiña un hipocampo menor. Para Owen en 1857, esta característica xunto coa extensión á que se proxectaba o "lobo posterior" alén do cerebelo e a presenza do corno posterior eran o que permitía que o ser humano "cumprise co seu destino de ser o dominador supremo desta Terra e da creación inferior."[3] Charles Darwin comentou, "o de Owen é un gran artigo; pero non me trago que o home sexa unha división tan distinta do chimpancé coma un ornitorrinco dun cabalo: pregúntome que diría disto un chimpancé?".[9] Owen repetiu o seu artigo como conferencia de Rede[10] na Universidade de Cambridge o 10 de maio de 1859 cando el foi o primeiro que recibiu un doutoramento honorario da universidade.[3][11]

Para Thomas Henry Huxley a afirmación sobre o hipocampo menor parecíalle un erro manifesto significativo de Owen, e Huxley empezou a diseccionar sistematicamente cerebros de monos, determinando que "antes de que termine con esa falsa farsa, cravareino, como unha cometa a unha porta de graneiro, un exemplo para todos os malfeitores"[12] Non discutiu isto en público nesta etapa,[13][14] pero continuou atacando outras ideas de Owen, tratando de socavar o status de Owen. Na súa conferencia Croonian[15] do 17 de xuño de 1858 na Institución Real titulada "Sobre a teoría do cranio dos vertebrados", Huxley puxo en dúbida directamente a idea central de Owen dos arquetipos mostrados por homoloxía, estando o propio Owen entre o público. A intención de Huxley era superar a dominación da ciencia polos cregos ricos liderados por Owen, para crear un servizo científico civil asalariado profesional e converter a ciencia en secular. Baixo a influencia de Darwin comezou pola transmutación como forma de separar a ciencia da teoloxía, e en xaneiro de 1859 aduciu que "é tan respectable ser un mono modificado coma un barro modificado".[16][17]

Debate de Owen e Huxley sobre a estrutura do cerebro de simios e humanos[editar | editar a fonte]

Despois da publicación da teoría de Darwin, a descendencia a partir dos monos converteuse nun tema de conversación de moda: en maio de 1861, un "lacaio alarmado" tatexa ao anunciar "señor G-G-G-O-O-O-Rila".

Huxley contábase entre os amigos que se xuntaban para apoiar a publicación do libro de Darwin A orixe das especies, e foi afiando os seu "peteiros e gadoupas" para destripar "as maldicións que ladrarán e ouvearán".[18][19] Charles Kingsley recibiu unha copia para revisar, e díxolle a Darwin que "desde hai moito tempo, desde que observei o cruzamento dos animais domésticos e plantas, aprendín a descrer do dogma da permanencia das especies."[20] Darwin quedou encantado de que este "célebre autor e divino" "aprendera gradualmente a ver que é igual de nobre unha concepción da Deidade que cre que El creou unhas poucas formas orixinais capaces de autodesenvolverse noutras formas necesarias, que crer que El necesitaba un acto novo de creación para cubrir os baleiros causados pola acción das Súas leis."[21]

Aínda que as críticas de libros acostumaban a ser anónimas, xeralmente coñecíanse os seus autores. As críticas de Huxley de A orixe das especies irritaban a Owen, cuxa propia crítica anónima de abril alabábao a el e ao seu propio axioma do funcionamento continuo do devir ordenado en cousas vivas, ofendíase polo xeito en que se representara a posición creacionista, e queixábase de que a súa propia preeminencia fose ignorada.[22] Owen atacou amargamente Huxley, Hooker e Darwin, pero tamén sinalou a aceptación dun tipo de evolución como un plan teleolóxico nun "devir ordenado" continuo, no que aparecían novas especies por nacemento natural.[23]

A disputa entre Huxley e Owen sobre a singularidade humana empezou en público no debate sobre evolución de Oxford de 1860, durante a xuntanza da Asociación Británica para o Avance da Ciencia en Oxford o 28 de xuño de 1860. Despois do artigo de Charles Daubeny "On the Final Causes of the Sexuality of Plants with Particular Reference to Mr. Darwin's Work" (Sobre as causas finais da sexualidade das plantas con particular referencia ao traballo do Sr. Darwin), o presidente pediulle a Huxley que fixese uns comentarios, mais el declinou a oferta porque pensaba que o sitio público non era axeitado. Entón Owen falou de feitos que permitirían ao público "chegar a algunhas conclusións ... sobre a verdade da teoría do Sr. Darwin", argumentando segundo consta que "o cerebro do gorila era máis diferente do dun home que do de primates inferiores concretamente porque só o home ten un lobo posterior, un corno posterior e un hipocampo menor." En resposta, Huxley de forma rotunda pero educada "negou totalmente que a diferenza entre o cerebro do gorila e o home fose tan grande" en "contradición directa e sen reservas" con Owen, citando estudos previos así como prometendo proporcionar un fundamento detallado da súa posición.[13][24][25]

A angustia pola morte do seu fillo de escarlatina en setembro de 1860 empurrou a Huxley ao bordo do abismo, de onde Kingsley o rescatou cunha serie de cartas. Huxley descagou a raiba por esta morte escribindo un artigo que combatía violentamente as ideas de Owen e a súa reputación profesional. Foi publicado en xaneiro de 1861 no primeiro número da revista Natural History Review relanzada por Huxley, e presentou referencias, citas e cartas de anatomistas de gran sona para atacar as tres afirmacións de Owen, tratando de probar que era "culpable de teimuda e deliberada falsidade" citando ao propio Owen, e (cunha xustificación menos clara) aos anatomistas cuxas ilustracións usara Owen no artigo de 1857. Aínda que aceptaba sen problemas que o cerebro humano era diferente do de simios en tamaño, proporcións e complexidade de circunvolucións, Huxley restaba importancia a estas características, e argumentaba que en menor medida estas tamén diferían entre as razas humanas "superiores" e "inferiores".[13][26] Darwin felicitou a Huxley por este artigo "destrutor" contra o "charlatán hipócrita" de Owen.[27] De febreiro a maio Huxley deu unha serie moi popular de conferencias de seis peniques para a clase traballadora na Escola de Minas onde el ensinaba, sobre "A relación do home co resto do reino animal". Dixo á súa esposa que "os meus traballadores apóianme marabillosamente, a sala estaba máis chea que nunca a pasada noite. O próximo venres ao serán estarán todos convencidos de que son monos."[26][28]

Ilustración de Owen dos cerebros dun gorila e un home negro da obra The Gorilla and the Negro.

Os gorilas convertéronse no tema do día cando regresou das súas viaxes o explorador Paul Du Chaillu. Owen arranxou que el falase e presentase as súas coleccións no escenario nunha xuntanza espectacular da Real Sociedade Xeográfica o 25 de febreiro, e despois diso deu unha conferencia na Institución Real o 19 de marzo sobre os cerebros de The Gorilla and the Negro, afirmando que a disputa era máis de interpretación que de feitos,[29] e asegurou a súa afirmación previa declarando que só os humanos tiñan un hipocampo menor "como se define en anatomía humana". Esta conferencia publicouse na revista Athenæum o 23 de marzo con ilustracións inadecuadas e sen etiquetar, e a resposta de Huxley no seguinte número unha semana despois, Man and the Apes, ridiculizou o uso por Owen destas ilustracións e que non mencionase os descubrimentos de anatomistas de que as tres estruturas estaban presentes en animais. No número da semana seguinte unha carta de Owen culpaba "o artista" das ilustracións, pero afirmaba que o argumento era correcto e remitiu o lector ao seu artigo de 1858.[29][30][31] Na revista Athenæum do 13 de abril Huxley respondeu a esta reiteración das afirmacións escribindo que "a vida é demasiado curta para ocuparse un mesmo de matar os mortos máis dunha vez."[32][33]

Todos os sábados Darwin lía as últimas réplicas na revista Athenæum. Owen tratou de desprestixiar Huxley presentándoo como un "partidario da orixe do home a partir dun simio transmutado", e unha das súas contribucións titulábase "Ape-Origin of Man as Tested by the Brain" (Orixe simiesca do home comprobada polo cerebro). Isto foille contraproducente, porque Huxley xa deleitara a Darwin especulando sobre o "home pitecoide" (home similar a simio), e alegrouse da invitación a converter publicamente a anatomía da estrutura do cerebro nunha cuestión sobre os antepasados do home. Darwin alentouno, escribindo "Oh Señor que espiña debes ser no costado do querido pobre home".[14][34] Huxley díxolle ao amigo de Darwin Joseph Dalton Hooker, "Owen tomou unha posición completamente insostible ... O feito é que el fixo unha prodixiosa metedura de pata ao comezar o ataque, e agora a súa única oportunidade é estar calado e deixar que a xente esqueza a exposición. Non creo que en toda a historia da ciencia haxa un caso dun home con reputación poñéndose en tal desprezable posición. Será a irrisión de todos os anatomistas continentais."[28][35]

Interese público e sátiras[editar | editar a fonte]

Este intercambio de ataques tan público atraeu moita atención, e os humoristas rapidamente aproveitaron a oportunidade para facer sátiras. A revista Punch presentou o asunto varias veces ese ano, concretamente o 18 de maio de 1861 cando un debuxo co encabezamento Monkeyana mostraba un gorila de pé cun cartel parodiando o lema antiescravista de Josiah Wedgwood "Am I Not A Man And A Brother?" (Non son eu un home e un irmán?). Este ía acompañado dun poema satírico do "Gorila" no zoo pedindo que lle dixesen se el era "un home en forma de simio, un simio antropoide, ou un mono privado do rabo?", e dicía así (ofrécese unha tadución literal):[36][37]

Son un home e un irmán?
Says Owen, you can see
The brain of Chimpanzee
Is always exceedingly small,
With the hindermost "horn"
Of extremity shorn,
And no "Hippocampus" at all.
Di Owen, pode ver

que o cerebro do chimpancé
é sempre extremadamente pequeno,
co "corno" máis postremo
da extemidade cortado

e sen ningún "Hipocampo" en absoluto.

Despois relata a resposta de Huxley, e:

Next Huxley replies,
That Owen he lies,
And garbles his Latin quotation;
That his facts are not new,
His mistakes not a few.
Detrimental to his reputation.
"To twice slay the slain,"
By dint of the Brain,
(Thus Huxley concludes his review)
Is but labour in vain,
Unproductive of gain.
And so I shall bid you "Adieu!"
Despois Huxley replica

que Owen mente,
e confunde a súa cita en latín;
que os seus feitos non son novos,
os seus erros non son poucos.
Prexudiciais para a súa reputación.

"Matar o morto dúas veces"
a forza de Cerebro,
(así Huxley conclúe a súa crítica)
non é senón traballo en van,
que non produce ganancias.

e así dígoche "Adeus!"
Gorilla (Sir Philip Egerton), Monkeyana.[38]

O poema era en realidade do eminente paleontólogo Philip Egerton quen, como administrador do Colexio Real de Cirurxiáns e do Museo Británico, actuaba como patrocinador de Owen. Cando un Huxley encantado descubriu quen era o autor da peza, pensou que "di moito sobre o total éxito de Owen en condenarse a si mesmo."[36]

No segundo número da Natural History Review de Huxley, un artigo de George Rolleston sobre o cerebro do orangután mostraba as características das que Owen afirmaba carecían os simios, e cando Owen respondeu nunha carta a Annals and Magazine of Natural History que o asunto era máis cuestión de definición que de feitos, Huxley fixo unha disección pública dun mono araña que morrera no zoo para apoiar o seu caso. No número seguinte John Marshall proporcionou medidas detalladas facendo o mesmo co chimpancé, así como explicando como un cerebro de chimpancé podía ser distorsionado ao non ser debidamente conservado e retirado do cranio, de modo que parecería como o da ilustación de Owen.[31][39]

A gran cuestión do hipocampo[editar | editar a fonte]

Lord Dundreary vestido para a obra Our American Cousin (O noso curmán americano) famosa pola súa asociación co asasinato de Abraham Lincoln en 1865.

O debate continuou en 1862. Un artigo detallado de William Henry Flower no prestixioso xornal Philosophical Transactions of the Royal Society, revisou a literatura anterior e presentou os seus propios estudos baseándose en ter diseccionado dezaseis especies de primates, incluíndo prosimios, monos e un orangután. Declarando desde o principio que non tiña ningunha opinión sobre a transmutación ou a orixe dos humanos, refutou as tres afirmacións de Owen, e foi máis alá, afirmando que en relación coa masa do cerebro, o hipocampo menor era proporcionalmente máis grande nos titís, e proporcionalmente máis pequeno nos humanos. O artigo usaba termos recentemente acuñados por Huxley, e Flower era un dos seus colegas próximos. Huxley presentou máis evidencias contra Owen na súa Natural History Review (Revisión da Historia Natural). Os anatomistas holandeses Jacobus Schroeder van der Kolk e Willem Vrolik atoparon que Owen utilizara repetidamente a súa ilustración de 1849 do cerebro dun chimpancé para apoiar os seus argumentos, e para previr que o público se confundise disecionou o cerebro dun orangután que morrera no zoo de Amsterdam, informando nunha xuntanza da Academai Real Holandesa de Artes e Ciencias que as tres características que Owen sostiña que eran únicas dos humanos estaban presentes neste simio. Admitiron que as súas ilustracións anteriores eran incorrectas debido á maneira en que o cerebro fora sacado do cranio para inspeccionalo, e suxeriron que Owen se "perdera" e "caera nunha trampa" ao debater contra Darwin. Huxley reimprimiu o informe en francés na súa Review. Os seus enfrontamentos con Owen continuaron.[40]

En 1862 na xuntanza da Asociación Británica en Cambridge Owen presentou dous artigos opoñéndose a Darwin: un sostiña que as adaptacións do lémure Daubentonia madagascariensis refutaban a evolución, e o segundo artigo reiteraba a postura de Owen sobre que o cerebro humano era único, e discutía a cuestión de se os simios tiñan dedas ou polgares. Huxley dixo que Owen parecía estar "mentindo & mesturando", e os aliados de Huxley realizaron sucesivos ataques a Owen. Esta foi a primeira xuntanza anual da Asociación Británica á que asistiu Charles Kingsley, e durante ela escribiu unha comedia sobre o argumento impresa privadamente, "unha pequena sátira para que circulase entre os seus amigos" escrita no estilo do entón popular personaxe teatral Lord Dundreary, un aristócrata bo pero un pouco parvo coñecido polas súas enormes e pobradas patillas e por dicir mal proverbios ou ditos en "dundrearyismos". A comedia titulouse Speech of Lord Dundreary in Section D, on Friday Last, On the Great Hippocampus Question (Discurso de Lord Dundreary en sección D, o pasado venres, sobre a gran cuestión do hipocampo).[41]

we were very much delighted, and I may say, quite interested, to find that we had all hippopotamuses in our brains. Of course they're right, you know, because seeing's believing.
Certainly, I never felt one in mine; but perhaps it's dead, and so didn't stir, and then of course, it don't count, you know. .... every one has brains in his head, unless he's a skeleton; and it curled its tail round things like a monkey, that I know, for I saw it with my own eyes. That was Professor Rolleston's theory, you know. It was Professor Huxley said it was in his tail–not Mr. Huxley's, of course, but the ape's: only apes have no tails, so I don't quite see that. And then the other gentleman who got up last, Mr. Flower, you know, he said that it was all over the ape, everywhere. All over hippocampuses, from head to foot, poor beast, like a dog all over ticks! I wonder why they don't rub bluestone into the back of its neck, as one does to a pointer. Well, then. Where was I? Oh! and Professor Owen said it wasn't in apes at all: but only in the order bimana, that's you and me. Well, he know best. And they all know best too, for they are monstrous clever fellows. So one must be right, and all the rest wrong, or else one of them wrong, and all the rest right–you see that? I wonder why they don't toss up about it.
Professor Huxley says there's a gulf between a man and an ape. I'm sure I'm glad of it, especially if the ape bit; and Professor Owen says there ain't. What? am I wrong, eh? Of course. Yes–beg a thousand pardons, really now. Of course–Professor Owen says there is, and Professor Huxley says there ain't. Well, a fellow can't recollect everything. But I say, if there's a gulf, the ape might get over it and bite one after all.
estabamos encantadísimos, e podo dicir, moi interesados, ao descubrir que tiñamos todos hipopótamos nos nosos cerebros. Claro que teñen razón, sabes, porque ver é crer.

Certamente, nunca sentín un no meu; mais quizais estea morto, e por iso non se moveu, e entón, por suposto, non conta, xa sabes. .... cada un ten un cerebro na súa cabeza, a menos que sexa un esqueleto; e enroscou o rabo arredor das cousas como un mono, o cal sei porque o vin cos meus propios ollos. Esa era a teoría do profesor Rolleston, sabes. Foi o profesor Huxley quen dixo que estaba no seu rabo, non o do Sr. Huxley, por suposto, senón o do simio: só os simios non teñen rabo, así que non o vexo. E despois o outro cabaleiro que se ergueu o último, o Sr. Flower, xa sabes, dixo que estaba por todo o mono, por todas partes. Por todos os hipocampos, de pés a cabeza, pobre besta, como un can con carrachas! Pregúntome por que non fretan pedra azul na parte posterior do seu pescozo, como se fai cun can pointer. Ben, entón. Por onde ía? Oh! e o profesor Owen dixo que non estaba nos simios en absoluto, senón só na orde bímana, que é vostede e mais eu. Ben, el sábeo mellor. E todos o saben mellor, porque son tipos enormemente intelixentes. Así que un debe ter razón, e todos os demais están errados, ou un deles está errado, e todos os demais están no certo, Velo? Pregúntome por que non o botan a sortes.

O profesor Huxley di que hai un abismo entre un home e un simio. Estou seguro de que me alegro diso, especialmente se o mono morde; e o profesor Owen di que non o hai. Que? Estou errado, eh? Por suposto. Si, pido mil perdóns, de verdade. Por suposto, o profesor Owen di que si, e o profesor Huxley di que non. Ben, unha persoa non pode lembrar todo. Mais eu digo, se hai un abismo, o simio podería saltalo e morder un despois de todo.
Charles Kingsley, Speech of Lord Dundreary in Section D, on Friday Last, On the Great Hippocampus Question.[42]

O British Medical Journal preguntou, "Non vai sendo xa hora de que o intercambio anual de palabras ferintes entre o profesor Owen e o profesor Huxley, sobre a distinción cerebral entre homes e monos, remate? ... Se continúa sobre a súa base actual, convértese nun obstáculo e un prexuízo para a ciencia, un chiste para a xente, e un escándalo para o mundo científico." O Quarterly Review de Londres aproveitou o chiste, describindo dramaticamente a confrontación entre Owen e Huxley e os seus partidarios Rolleston e Flower: "A animación increméntase, a 'reticencia decorosa' acabou, e todas as partes gozaron da escena excepto os disputantes. Seguramente os simios nunca antes foron tan honrados, como para ser o tema das máis encendidas discusións nunha das dúas principais cidades universitarias de Inglaterra. É unha estraña imaxe ver que tres ou catro dos máis consumados anatomistas estivesen contendendo un contra o outro como moitos gorilas, e ou ben reducindo o home a un mono, ou ben elevando o mono ao home!"[37] En outubro a Medical Times and Gazette publicou a presentación de Owen con todos os detalles das respostas de Huxley, Rolleston e Flower, así como a refutación de Owen. A disputa continuou nos seguintes dous números da revista.[40]

O gran test do hipopótamo[editar | editar a fonte]

Richard Owen e Thomas Henry Huxley inspeccionan un bebé de auga nun gran garrafón, nunha ilustración de Linley Sambourne de 1885.

Ao mesmo tempo que el estaba asistindo á xuntanza da Asociación Británica en Cambridge en 1862, estaban publicándose capítulos da historia para nenos de Charles Kingsley The Water-Babies, A Fairy Tale for a Land Baby (Os bebés de auga, un conto de fadas para un bebé de terra) no Macmillan's Magazine como unha serie. Kingsley incorporou material modificado da súa comedia sobre o discurso de Dundreary de On the Great Hippocampus Question, así como outras referencias aos protagonistas, a Asociación Británica, e notables científicos da época. Cando o protagonista Tom é convertido nun bebé de auga polas fadas, formúlase a cuestión de que se había bebés de auga, seguramente alguén tería collido un e teríao "posto en alcohol", ou sairía en Illustrated News, ou quizais o tería cortado en metades, malpocadiño, e enviaría unha ao profesor Owen, e outra ao profesor Huxley, para ver o que que dirían sobre iso."[43] En canto á insinuación de que os bebés de auga son contrarios á natureza;

You must not say that this cannot be, or that that is contrary to nature. You do not know what Nature is, or what she can do; and nobody knows; not even Sir Roderick Murchison, or Professor Owen, or Professor Sedgwick, or Professor Huxley, or Mr. Darwin, or Professor Faraday, or Mr. Grove, or any other of the great men whom good boys are taught to respect. They are very wise men; and you must listen respectfully to all they say: but even if they should say, which I am sure they never would, “That cannot exist. That is contrary to nature,” you must wait a little, and see; for perhaps even they may be wrong.
Non debes dicir que isto non pode ser ou que é contrario á natureza. Non sabes o que é a Natureza ou o que pode facer; e ninguén o sabe; nin sequera Sir Roderick Murchison ou o profesor Owen ou o profesor Sedgwick ou o profesor Huxley ou o Sr. Darwin ou o profesor Faraday ou o Sr. Grove ou ningún outro dos grandes homes aos que aos rapaces se lle ensina a respectar. Son homes moi sabios; e debes escoitar respectuosamente todo o que din: pero mesmo se eles o dixesen, o cal estou seguro non farían, “que non poden existir, que é contrario á natureza”, debes esperar un pouco, e ver; porque quizais incluso eles poden estar errados.
Charles Kingsley, The Water Babies.[44]

Mantendo un tratamento imparcial, Kingsley introduciu como personaxe da historia o profesor Ptthmllnsprts (do inglés Put-them-all-in-spirits) como amálgama de Owen e Huxley, satirizándoos a ambos. Igual que o moi posesivo Owen, o profesor era "moi bo con todo o mundo con tal que fosen bos con el. Só tiña unha falta, a cal os paporrubios tiñan tamén, como podes ver se ves pola fiestra da gardería, que, cando calquera outro encontra un verme curioso, chouta arredor del, e petéirao e ergue a cola e incha as plumas, como un paporrubio faría; e declara que el atopou o verme primeiro; e que era o seu verme; e se non, que entón non era un verme en absoluto." Igual que Huxley, "o profesor non ten a menor noción de permitir que as cousas fosen certas, simplemente porque a xente pensase que eran bonitas. ... O profesor, de feito, ía máis alá, e sostiña que ningún home estaba obrigado a crer que ningunha cousa fose verdade, senón o que podía ver, oír, gustar ou manexar." Un parágrafo do "gran test do hipopótamo" empeza co profesor, que igual que Huxley, decalra "que os simios teñen hipopótamos maiores nos seus cerebros igual que os teñen os homes", pero despois igual que Owen presenta o argumento de que "se ti tes un hipopótamo maior no teu cerebro, ti non es un simio".[43]

He held very strange theories about a good many things. He had even got up once at the British Association, and declared that apes had hippopotamus majors in their brains just as men have. Which was a shocking thing to say; for, if it were so, what would become of the faith, hope, and charity of immortal millions? You may think that there are other more important differences between you and an ape, such as being able to speak, and make machines, and know right from wrong, and say your prayers, and other little matters of that kind; but that is a child’s fancy, my dear. Nothing is to be depended on but the great hippopotamus test. If you have a hippopotamus major in your brain, you are no ape, though you had four hands, no feet, and were more apish than the apes of all aperies. But if a hippopotamus major is ever discovered in one single ape’s brain, nothing will save your great-great-great-great-great-great-great-great-great-great-great-greater-greatest-grandmother from having been an ape too. No, my dear little man; always remember that the one true, certain, final, and all-important difference between you and an ape is, that you have a hippopotamus major in your brain, and it has none; and that, therefore, to discover one in its brain will be a very wrong and dangerous thing, at which every one will be very much shocked, as we may suppose they were at the professor.—Though really, after all, it don’t much matter; because—as Lord Dundreary and others would put it—nobody but men have hippopotamuses in their brains; so, if a hippopotamus was discovered in an ape’s brain, why it would not be one, you know, but something else.
El sostiña teorías moi estrañas sobre unha gran cantidade de cousas. Mesmo unha vez se erguera [para falar] na Asociación Británica e declarara que os simios tiñan hipopótamos maiores nos seus cerebros igual que os teñen os homes. O que era algo abraiante de dicir; pois, se fose así, que sería da fe, a esperanza e a caridade de millóns de inmortais? Podes pensar que hai outras diferenzas máis importantes entre ti e un mono, como ser capaz de falar e fabricar máquinas e saber o que é correcto e incorrecto e rezar as túas oracións, e outros pequenos asuntos dese tipo; pero iso son imaxinacións de nenos, querido. Non vai depender de nada máis que do test do hipopótamo. Se ti tes un hipopótamo maior no cerebro, non es un simio, aínda que teñas catro mans, ningún pé e foses máis simiesco que os simios de todas as simierías. Mais se algunha vez se descubre un hipopótamo maior nun só cerebro de simio, nada salvará a túa bis-bis-bis-bis-bis-bis-bis-bis-bis-bis-bis-máis bis-bisísima-avoa de ter sido unha simia tamén. Non, meu querido homiño; lembra sempre que unha diferenza verdadeira, certa, final, e da máxima importania entre ti e un simio é que ti tes un hipopótamo maior no teu cerebro e el non ten ningún; e que, polo tanto, descubrir un no seu cerebro será unha cousa errada e perigosa, da cal todo o mundo debería estar moi conmocionado, como podemos supoñer estaba no profesor. Aínda que realmente, despois de todo, non importa moito; porque —como Lord Dundreary e outros dirían— ninguén senón o home ten hipopótamos no cerebro; así que, se se descubre un hipopótamo no cerebro dun simio, por que non sería un, sabes, senón outra cousa.
Charles Kingsley, The Water Babies.[44]

Entón, ao formularlle unha incómoda pregunta, "pero por que non existen os bebés de auga?", o profesor na característica voz de Huxley contestou bastante bruscamente: "Porque non existen."[44]

The Water-Babies (Os bebés de auga) publicouse en forma de libro en 1863, e o mesmo ano publicouse unha obra de teatro curta máis satírica anonimamente polo autor George Pycroft.[43] Na obra A Report of a Sad Case Recently Tried before the Lord Mayor, Owen versus Huxley... the Great Bone Case (Un informe dun triste caso recentemente xulgado perante o Lord Mayor, Owen contra Huxley... o gran caso do óso) parodiábase a vulgaridade do comportamento de Owen e Huxley ao levalos a xuízo por pelexar na rúa e alterar a paz. No tribunal, berraban termos como "corno posterior" e "hippocampus minor". Ao testemuñar, Huxley declara que "Ben, como estaba dicindo, Owen e mais eu estamos no mesmo negocio; e ambos cortamos en cachos monos, e eu atopei algo no cerebro deles. Anda! digo eu, velaquí o hipocampo. Non, non o hai di Owen. Mira aquí está digo eu. Non o podo ver di el e ponse a queixarse e relear sobre iso, e vai dicirllo a todo o mundo, que o que eu atopei non está alí e o que el atopou si".[45]

O lugar do home na Natureza[editar | editar a fonte]

O libro de Huxley Evidence as to Man's Place in Nature utilizaba ilustracións para mostrar que humanos e simios teñen a mesma anatomía básica.[46]

Huxley ampliou as súas conferencias para a clase traballadora nun libro titulado Evidence as to Man's Place in Nature (Evidencia do lugar do home na Natureza), publicado en 1863. Expresou a súa intención nunha carta a Charles Lyell, a cal se refería ao poema Monkeyana de 1861: "Non creo que atopes lugar para te queixar de calquera falta de distinción na miña definición da posición de Owen no tocante á cuestión do Hipocampo. Refírome a dar toda a historia do asunto nunha nota, así que a paráfrase da liña de Sir Ph. Egerton 'Ao que Huxley responde que Owen mente', será inconfundible."[47] Darwin exclamou, "Hurra! o libro do mono chegou".[48] Unha parte central do libro dá unha explicación paso a paso axeitada para os leigos en anatomía da similitude fundamental dos cerebros de simios e humanos, con particular referencia a que ambos teñen un lobo posterior, un corno posterior e un hipocampo menor. O capítulo conclúe que esta estreita semellanza entre simios e seres humanos proba que a definición orixinal de Linné da orde biolóxica dos Primates era correcta ao incluír ambos e menciona que a teoría de Darwin proporciona unha explicación de que os humanos se orixinaron a partir dos simios. O libro tamén inclúe seis páxinas de letra pequena nas que se dá "unha sucinta historia da controversia respecto da estrutura cerebral do home e dos simios" describindo como Owen "suprimira" e negara o que Huxley agora mostara que era a verdade sobre o hipocampo menor, o corno posterior e o lobo posterior, describindo que isto reflectía como era a "veracidade persoal" de Owen. Os críticos consideraron o libro como unha polémica contra Owen, e a maioría deles puxéronse do lado de Huxley.[45]

O libro de Lyell incluía unha ilustración que mostraba a imaxe distorsionada dun cerebro de chimpancé usada por Owen, e unha vista correcta doutro anatomista que mostraba a proxección do lobo occipital na parte posterior que Owen dicía non estaba presente nos simios.

O acreditado libro de Sir Charles Lyell Geological Evidences of the Antiquity of Man (Evidencias xeolóxicas da antigüidade do home) publicouse tamén en 1863, e incluía unha detallada revisión da cuestión do hipocampo que daba un apoio sólido e inequívoco aos argumentos de Huxley. Nun intento de refutar o dictame de Lyell, Owen defendeu de novo o seu esquema de clasificación, presentando unha nova afirmación de que o hipocampo menor estaba virtualmente ausente dun "idiota". Despois no libro de 1866 de Owen On the Anatomy of Vertebrates (Sobre a anatomía dos vertebrados) presentou ilustracións precisas do cerebro. Nunha longa nota a rodapé, Owen citouse a si mesmo e á literatura anterior para admitir por fin que nos simios "existen todas as partes homólogas do órgano cerebral humano". Porén, aínda cría que isto non invalidaba a súa clasificación do home nunha subclase separada. Agora mantiña que as estruturas concernidas –o lobo posterior, o corno posterior e o hipocampo menor– estaban presentes nos simios pero só "nunha forma modificada e baixo grao de desenvolvemento". Acusou a Huxley e os seus aliados de facer ataques "puerís", "ridículos" e "vergoñosos" ao seu esquema de clasificación.[49]

A publicidade que rodeou o caso danou a reputación de Owen.[50] Aínda que Owen tiña a loable meta de atopar unha vía obxectiva para definir a singularidade da humanidade e distinguir a súa anatomía cerebral de maneira cualitativa, non só cuantitativa, a súa obstinación ao negarse a admitir os seus erros ao tratar de atopar esa diferenza levou á súa caída do pináculo da ciencia británica.[49] A influencia de Huxley aumentou e o seu X Club de científicos de igual mentalidadae utilizaba o xornal Nature para promover a evolución e o naturalismo, que moldeou gran parte da ciencia da parte final da era vitoriana.[51] Incluso así moitos dos seus partidarios, entre eles Charles Lyell e Alfred Russel Wallace, pensaban que aínda que os humanos compartían un antepasado común con simios, as facultades mentais superiores non podían ter evolucionado por un proceso puramente material. Darwin publicou a súa propia explicación en 1871 na obra Descent of Man (A orixe do home).[52]

Relevancia moderna[editar | editar a fonte]

Nunha charla sobre sistemática biolóxica (clasificación) e cladística celebrada no Museo de Historia Natural Americano en 1981, o paleontólogo Colin Patterson discutiu un argumento publicado por Ernst Mayr de que os humanos poderían distinguirse dos simios pola presenza da área de Broca no cerebro. Patterson comentou que isto lle lembraba a "gran cuestión do hipocampo" rexistrada na ficción por Kingsley, e que fora unha controversia entre Huxley e Owen que "finalmente, como de costume, gañou Huxley."[35][53]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Sir Richard Owen: the archetypal villain. The Friends of Charles Darwin. 2006. Consultado o 2009-11-06. 
  2. Bowler 2003, pp. 124–126
  3. 3,0 3,1 3,2 Gross 1993, pp. 403–405
  4. "Letter 1587 — Darwin, C. R. to Huxley, T. H., 2 Sept (1854)". Darwin Correspondence Project. Arquivado dende o orixinal o 2012-07-24. 
  5. Gross 1993, pp. 406–407
  6. Gross 1993, p. 405
  7. Gross 1993, p. 404
  8. Lyell 1863, pp. 480–481
  9. "Letter 2117 — Darwin, C. R. to Hooker, J. D., 5 July (1857)". Darwin Correspondence Project. Arquivado dende o orixinal o 2012-08-02. 
  10. A conferencia de Rede (Rede's Lecture ou Rede Lecture) dáse anualmente na Universidade de Cambridge e leva o nome de Sir Robert Rede.
  11. Owen 1859, p. 26
  12. Orixinal: "before I have done with that mendacious humbug I will nail him out, like a kite to a barn door, an example to all evil doers."
  13. 13,0 13,1 13,2 Gross 1993, pp. 407–408
  14. 14,0 14,1 Desmond & Moore 1991, pp. 504–505
  15. A Conferencia e Medalla Croonian é un prestixioso premio, medalla e conferencia que se dá por invitación da Sociedade Real e o Colexio Real de Médicos.
  16. Desmond & Moore 1991, pp. 472–473
  17. "T. H. Huxley: Letters and Diary: 1859". 
  18. Letter 2544 — Huxley, T. H. to Darwin, C. R., 23 Nov (1859). Darwin Correspondence Project. Arquivado dende o orixinal o 2008-01-31. Consultado o 2009-11-06. 
  19. Darwin 1887, pp. 228–232
  20. Darwin 1887, p. 287.
  21. Darwin 1860, p. 481.
  22. Owen 1860
  23. Desmond & Moore 1991, pp. 490–491, 545–547
    Secord 2003, p. 512
  24. Thomson, Keith Stewart (maio-xuño de 2000). Huxley, Wilberforce and the Oxford Museum. American Scientist. Arquivado dende o orixinal o 2011-06-11. Consultado o 2009-11-06. 
  25. Browne 2002, pp. 119–122
  26. 26,0 26,1 Browne 2002, pp. 136–138
  27. "Letter 3041 — Darwin, C. R. to Huxley, T. H., 3 Jan (1861)". Darwin Correspondence Project. 
  28. 28,0 28,1 "T. H. Huxley: Letters and Diary: 1861". The Huxley File. 
  29. 29,0 29,1 Browne 2002, pp. 156–159
  30. "The Gorilla and the Negro (1861)". The Huxley File. 
    "Man and the Apes (1861)". The Huxley File. 
  31. 31,0 31,1 Gross 1993, pp. 409–410
  32. Browne 2002, p. 159
  33. The Athenaeum. British Periodicals Limited. 1861. p. 498. 
  34. Letter 3107 — Darwin, C. R. to Huxley, T. H., 1 Apr (1861). Darwin Correspondence Project. 
  35. 35,0 35,1 "Speech by Dr. Colin Patterson at the American Museum of Natural History, New York City, November 5, 1981" (PDF). Anniversary Meeting 2002. The Linnean 2002 Volume 18. pp. 18–19. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 8 de xullo de 2009. Consultado o 2009-11-17. 
  36. 36,0 36,1 Browne 2002, pp. 157–158
  37. 37,0 37,1 Rupke 2009, p. 221
  38. Gross 1993, p. 411
  39. Marshall, John (1860). "On the brain of a young Chimpanzee". Natural History Review: 296–315. Consultado o 23 de abril de 2015. 
  40. 40,0 40,1 Gross 1993, pp. 410–411
  41. Browne 2002, p. 160
    Rupke 2009, p. 221
  42. "Lord Dundreary (1861)". The Huxley File. 
  43. 43,0 43,1 43,2 Rupke 2009, pp. 221–222
  44. 44,0 44,1 44,2 Kingsley, Charles. The Water-Babies. Project Gutenberg. 
  45. 45,0 45,1 Gross 1993, p. 412
  46. Bowler 2003, p. 208
  47. "T. H. Huxley: Letters and Diary: 1862". 
  48. "Letter 3996 — Darwin, C. R. to Huxley, T. H., 18 (Feb 1863)". Darwin Correspondence Project. 
  49. 49,0 49,1 Gross 1993, pp. 412–413
  50. Ben Waggoner (2000). Richard Owen (1804–1892). University of California Museum of Paleontology. Consultado o 2009-04-25. 
  51. Larson 2004, p. 108
  52. Bowler 2003, pp. 208–211, 214–216
  53. Lionel Theunissen (24 de xuño de 1997). "Patterson Misquoted: A Tale of Two 'Cites'". TalkOrigins Archive. Consultado o 2009-11-17. 

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Owen, C.; Howard, A.; Binder, D. (2009). "Hippocampus minor, calcar avis, and the Huxley-Owen debate". Neurosurgery 65 (6): 1098–1104; discussion 1104–5. PMID 19934969. doi:10.1227/01.NEU.0000359535.84445.0B.