Francis Darwin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancis Darwin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1848 Editar o valor em Wikidata
Down House Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1925 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Cambridge Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCambridgeshire Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College
St George's, University of London (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor (1913–) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFlorence Henrietta Darwin (en) Traducir (1913–)
Ellen Wordsworth Darwin (pt) Traducir (1883–valor descoñecido)
Amy Richenda Ruck (en) Traducir (1874–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
FillosBernard Darwin
 () Amy Richenda Ruck (en) Traducir
Frances Cornford
 () Ellen Wordsworth Darwin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCharles Darwin Editar o valor em Wikidata  e Emma Darwin Editar o valor em Wikidata
IrmánsHenrietta Darwin, Anne Darwin, Horace Darwin, George Darwin, Leonard Darwin, Charles Waring Darwin, William Erasmus Darwin, Elizabeth Darwin e Mary Eleanor Darwin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Darwin-99 Find a Grave: 5935596 Editar o valor em Wikidata

Sir Francis "Frank" Darwin (coñecido tamén polas letras FLS FRS FRSE)[1] nado en Down House, (Downe, Kent) o 16 de agosto de 1848 e finado en Cambridge 19 de setembro de 1925, foi un botánico británico. Foi o terceiro fillo do naturalista e científico inglés Charles Darwin.[2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Francis Darwin en 1910.

Estudou na Clapham Grammar School.[3] Logo foi ao Trinity College de Cambridge, primeiro estudando matemáticas, despois pasou a Ciencias Naturais, graduándose en 1870. Logo foi estudar medicina na St George's Medical School de Londres, licenciouse en Medicina en 1875, pero non exerceu como médico.

Darwin estivo casado tres veces e viúvo dúas. Primeiro casou con Amy Richenda Ruck en 1874, pero ela morreu en 1876 catro días despois do nacemento do seu fillo Bernard Darwin, que máis tarde se convertería en escritor. En setembro de 1883 casou con Ellen Wordsworth Crofts (1856–1903) e tiveron unha filla Frances Crofts Darwin (1886–1960), unha poeta que casou con Francis Cornford, tamén poeta, e que se deu a coñecer co nome de casada. A súa terceira esposa foi Florence Henrietta Fisher, filla de Herbert William Fisher e viúva de Frederic William Maitland, con quen casou en 1913. A súa irmá, Adeline Fisher, foi a primeira esposa do primo de Darwin.

Francis Darwin traballou co seu pai en experimentos relacionados cos movementos das plantas, en concreto o fototropismo, e foron coautores de The Power of Movement in Plants (1880). Os seus experimentos demostraron que o coleóptilo dunha plántula de herba nova dirixe o seu crecemento cara á luz comparando as respostas das plántulas con coleóptilos cubertos e descubertos. Estas observacións levarían posteriormente ao descubrimento da auxina.

Darwin foi nomeado polo seu pai para a Sociedade Linneana de Londres en 1875, [4] e foi elixido membro da Sociedade o 2 de decembro de 1875.[5] Foi elixido membro da Royal Society o 8 de xuño de 1882, o mesmo ano no que morreu o seu pai. Darwin editou The Autobiography of Charles Darwin (1887), e produciu algúns libros de cartas a partir da correspondencia de Charles Darwin; A vida e as cartas de Charles Darwin (1887) e Máis cartas de Charles Darwin (1905). Tamén editou On the Reception of the Origin of Species (1887), de Thomas Huxley.

A Universidade de Cambridge concedeulle un doutoramento honoris causa en 1909. Tamén recibiu doutoramento honoris causa en Dublín, Liverpool, Sheffield, Bruxelas, St Andrews, Uppsala e Praga. Foi nomeado cabaleiro en 1913.

Está enterrado en Cambridge.[6] A súa filla, Frances Cornford, foi enterrada máis tarde con el.

Familia[editar | editar a fonte]

A súa primeira esposa, Amy Ruck morreu en 1876, poucos días despois do nacemento do seu fillo Bernard, e foi enterrada na igrexa da Holy Trinity, Corris, no norte de Gales.[7] Segundo unha carta escrita por Charles Darwin ao seu amigo íntimo, Joseph Dalton Hooker : "Nunca vin a ninguén sufrir tanto como o pobre Frank. Foi a N. Wales para enterrar o corpo nun pequeno patio da igrexa entre as montañas".

Casou coa súa segunda esposa, Ellen Wordsworth Crofts, en 1883, quen foi bolseira e profesora no Newnham College e foi membro da Ladies Dining Society en Cambridge, xunto con outros 11 membros. Morreu en 1903, e está enterrada no cemiterio da igrexa de St. Andrew, en Girton.

En 1913 casou coa súa terceira esposa, Lady Florence Henrietta Fisher, a viúva de Frederic William Maitland. Ela morreu en 1920 e está enterrada na parroquia de Ascension Burial Ground, Cambridge, fronte á tumba de Sir Francis Darwin e a súa filla Frances Cornford.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Royal Society (1932). "Biography; Obituary notices". Proceedings of the Royal Society 110: i–c. doi:10.1098/rspb.1932.0031. 
  2. Nature (1 de agosto de 1948). "Sir Francis Darwin (1848–1925)". nature.com (en inglés) 162: 248–248. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/162248a0. 
  3. A Macmillan Shearer (Xullo 2006). "Biographical index" (PDF). royalsoced.org.uk. ISBN 090219884X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 September 2015. 
  4. Browne 2002, p. 434.
  5. "2 Dec. 1875. Darwin, Francis, M.B. Down, Beckenham, Kent." in: The Linnean Society of London: List of the Linnean Society of London, 1876. [London:] Printed by Taylor and Francis, Red Lion Court, Fleet Street. p.10.
  6. A Guide to Churchill College, Cambridge: text by Dr. Mark Goldie, pages 62 and 63 (2009)
  7. The Correspondence of Charles Darwin
  8. Murray, John (Xaneiro de 1888). "The Quarterly Rewiew". Quarterly Rewiew: 1–30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]