Saltar ao contido

Dead Rising

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dead Rising
Desenvolvedor(es)Capcom Production Studio 1
Distribuidora(s)Capcom
Director(es)Yoshinori Kawano
Produtor(es)Keiji Inafune, Yoshinori Ono
Compositor(es)Hideki Okugawa
Marika Suzuki
MotorMT Framework con Havok Physics
LanzamentoNA: 8 de agosto de 2006
EU: 8 de setembro de 2006[1]
AUS: 14 de setembro de 2006
XAP: 28 de setembro de 2006
XéneroSupervivencia, terror
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
CERO
Plataforma(s)Xbox 360
Formato(s)DVD-DL
SerieDead Rising
Na rede
http://deadrising.com/dead-rising-1/
IMDB: tt0837114 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dead Rising (デッドライジング Deddo Raijingu?) é un videoxogo de acción e supervivencia en mundo aberto que foi lanzado no 2006. Foi desenvolvido e distribuído por Capcom, e producido por Keiji Inafune. Foi lanzado o 8 de agosto de 2006 exclusivamente para a consola Xbox 360.[2][3]

A historia de Dead Rising céntrase na personaxe de Frank West, un fotoxornalista que queda atrapado no centro comercial da vila ficticia de Willamette, Colorado, infestado de zombis. Frank debe defenderse a si mesmo dos ataques dos zombis, recatar outros superviventes, facer fronte a psicópatas, e seguir vivo mentres trata de descubrir a verdade oculta do incidente. O xogador controla a Frank na súa exploración do centro comercial, empregando calquera obxecto como unha arma. O xogador pode completar as misións principais e misións opcionais para obter Puntos de Prestixio ("Prestige Points") e gañar habilidades especiais.

  1. "Dead Rising Banned in Germany?". 1up.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2006. 
  2. "Capcom Release Dates". GAMbIT Mag. febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  3. "Game Profile: Dead Rising". xbox360.ign.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]