Saltar ao contido

Zombi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zombi
 Subclase de
Identificadores
Freebase/m/02psyd2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 200583
Wikidata C:Commons

Un zombi[1] (en crioulo haitiano: zonbi, e en francés haitiano: zombi) é un corpo morto que volve á vida mediante bruxaría.[2] O concepto está popularmente asociado co vodú haitiano, pero non forma parte das prácticas formais da relixión.

De acordo coas crenzas, un houngan, bokor ou feiticeiro vodú, sería quen de resucitar a un morto, que quedaría sometido en adiante á vontade da persoa que o devolve á vida.[3]

Coloquialmente, e en senso figurado, zombi úsase para designar a quen fai as cousas mecanicamente como se estivese privado de vontade.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zombi.
  2. Oxford English Dictionary. Oxford University Press. 1998. 
  3. «Vodou» The Oxford Encyclopedia of African Thought, Volumen 1, Oxford University Press, 2010. ISBN: 9780195334739