Carsen Edwards

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carsen Edwards
FC Bayern München
Información persoal
Nacemento 12 de marzo de 1998 (26 anos)
Houston, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,80 m (5 ft 11 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Base
Información da carreira
Instituto Atascocita (Atascocita, Texas)
Universidade Purdue (2016–2019)
NBA Draft 2019 / Rolda: 2 / Elección: 33
Por Philadelphia 76ers
Carreira 2019−presente
Historial de equipos
Boston Celtics (2019–2021)
Maine Red Claws (2019–2020)
Salt Lake City Stars (2021–2022)
Detroit Pistons (2022)
Fenerbahçe (2022–2023)
Bayern München (2023–presente)

Carsen Cade Edwards, nado o 12 de marzo de 1998 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no FC Bayern München da Basketball Bundesliga alemá. Con 1,80 metros de estatura xoga na posición de base.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 20 de xuño de 2019, Edwards foi seleccionado polos Philadelphia 76ers na 33ª posición do Draft da NBA de 2019, e os seus dereitos foron traspasados ós Boston Celtics.[1] O 14 de xullo de 2019, Edwards asinou cos Celtics.[2] O 23 de outubro de 2019 fixo o seu debut na NBA, na derrota dos Celtics por 93–107 contra os Philadelphia 76ers, facendo tres puntos e un rebote.[3]

O 15 de setembro de 2021, Edwards foi traspasado xunto a Kris Dunn ós Memphis Grizzlies.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "In New Picks, Team Lands Prospects Who Check Key Boxes". NBA.com. 21 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. "Celtics Sign 2019 NBA Draft Pick Carsen Edwards". NBA.com. 14 de xullo de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2019. 
  3. "76ers top Celtics 107-93 in 1st battle of East favorites". ESPN.com. 23 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  4. "Grizzlies acquire Kris Dunn and Carsen Edwards from Celtics". NBA.com. 15 de setembro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]