Tyler Herro
![]() | |
Miami Heat – No. 14 | |
Posición | Escolta |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 20 de xaneiro de 2000 (23 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Whitnall (Greenfield, Wisconsin) |
Universidade | Kentucky (2018–2019) |
NBA Draft | 2019 / Rolda: 1 / Elección: 13 Por Miami Heat |
Carreira | dende 2019 |
Historial de equipos | |
Miami Heat (2019–presente) | |
Información en nba.com |
Tyler Christopher Herro, nado o 20 de xaneiro de 2000 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 20 de xuño de 2019, Herro foi seleccionado polos Miami Heat na 13ª posición do Draft da NBA de 2019.[1] O 10 de xullo de 2019, Herro asinou cos Heat.[2] O 23 de outubro de 2019, fixo o seu debut na NBA, saíndo de titular na vitoria de Miami por 120–101 contra os Memphis Grizzlies, e facendo 14 puntos, 8 rebotes e 2 roubos de balón.[3] O 15 de setembro de 2020, Herro foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies da tempada 2019-20 da NBA.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tjarks, Jonathan (2019-06-20). "Grading the 2019 NBA Draft". The Ringer. Consultado o 2019-06-22.
- ↑ "HEAT Signs Tyler Herro". NBA.com. 10 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ "Butler misses Miami debut, Heat beat Grizzlies 120-101". ESPN.com. 23 de outubro 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019.
- ↑ "Ja Morant, Zion Williamsom headline 2019-20 Kia All-Rookie First Team Tyler Herro, Rui Hachimura voted to Second Team". NBA.com. 15 de setembro de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 14 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)