Admiral Schofield
![]() | |
Orlando Magic – No. 25 | |
Posición | Ala / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 30 de marzo de 1997 (25 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 109 kg (241 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Zion-Benton Township (Zion, Illinois) |
Universidade | Tennessee (2015–2019) |
NBA Draft | 2019 / Rolda: 2 / Elección: 42 Por Philadelphia 76ers |
Carreira | dende 2019 |
Historial de equipos | |
Washington Wizards (2019–2020) → Capital City Go-Go (2019–2020) Greensboro Swarm (2021) Lakeland Magic (2021) Orlando Magic (2021–presente) → Lakeland Magic (2022–presente) |
Admiral Donovhan Schofield, nado o 30 de marzo de 1997 en Londres, é un xogador profesional británico-estadounidense de baloncesto que xoga nos Orlando Magic da National Basketball Association (NBA). Con 1,96 metros de estatura xoga nas posicións de ala e escolta.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 20 de xuño de 2019, Schofield foi seleccionado polos Philadelphia 76ers na 42ª posición do Draft da NBA de 2019, e foi inmediatamente traspasado ós Washington Wizards.[1] En xullo asinou cos Wizards un contrato por tres anos.[2]
O 19 de novembro de 2020, Schofield foi traspasado xunto a Vít Krejčí ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Cassius Winston e unha elección da segunda rolda do Draft de 2024.[3] Ó remate da pretempada, foi cortado polos Thunder.[4] O 11 de xaneiro de 2021, foi elixido na primeira posición do Draft da NBA G League polos Greensboro Swarm.[5][6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Brook, Zach (26 de xuño de 2019). "Wizards’ Admiral Schofield is already one of the NBA’s most interesting rookies". NBC Sports. Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ Taylor, Cody (28 de agosto de 2019). "Wizards' Admiral Schofield shoots his shot, lands ad deal with Hulu". Rookie Wire. Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ Thunder Acquires Admiral Schofield and Draft Rights to Vít Krejčí
- ↑ "Admiral Schofield waived by Oklahoma City". Vols Wire. 29 de decembro de 2020.
- ↑ "Greensboro Swarm Select Admiral Schofield with First Pick of 2021 NBA G League Draft". OurSports Central. 11 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Greensboro Announces Roster For Single-Site In Orlando". NBA.com. 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 27 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 13 de decembro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)