David Mackenzie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Mackenzie
Nacemento8 de setembro de 1943
Lugar de nacementoNottinghamshire
Falecemento26 de febreiro de 2016
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversidade de Oxford
Ocupaciónmedievalista
editar datos en Wikidata ]

David Mackenzie, nado en Sutton-in-Ashfield (Nottinghamshire) o 8 de setembro de 1943 e finado en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 2016,[1] foi un galicianista e medievalista inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Linguas modernas, na especialidade de lingua española pola Universidade de Oxford en 1966, e progresou os seus estudos nela até completar un mestrado. En 1975 doutorouse pola Universidade de Nottingham cunha tese de análise sobre a Crónica de Santa María de Iria, onde comezou a súa relación con Galicia. Despois de traballar para a Biblioteca Británica foi profesor de Estudos hispánicos inicialmente na Universidade do Úlster (1974), e logo da Universidade de Birmingham (1986), onde ao longo dunha década foi progresando de profesor titular a catedrático.

En Birmingham creou o primeiro Centro de Estudos Galegos nunha universidade británica, desde onde desenvolveu un obradoiro de tradución de literatura galega ao inglés que deu ao prelo, entre outras, a primeira tradución de Méndez Ferrín ou de Castelao a esa lingua. Ao de Birmingham seguíronlle outros centros de estudos galegos noutras partes do Reino Unido e do mundo. Foi un dos impulsores da Asociación Internacional de Estudos Galegos.

En 1997 mudou o seu centro de traballo para a Universidade de Cork, onde tamén estableceu un centro de estudos galegos. Nesta universidade irlandesa xubilouse en 2008, aínda que continuou dando clase de estudos hispánicos na Universidade de Wisconsin-Milwaukee ata 2011. Logo da súa xubilación estableceuse de forma permanente en Santiago de Compostela onde finou. En 2015 reuniuse un volume de estudo de diversos especialistas en lingua e literatura galega, na súa homenaxe (En memoria de tanto miragre).

Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Morre o galicianista británico David Mackenzie". Sermos Galiza. 26 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2016. Consultado o 26 de febreiro de 2016. 
  2. Muere en Santiago el británico David Mackenzie, primer catedrático extranjero de estudios gallegos, nova en La Voz de Galicia o 26 de febreiro de 2016. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]