David Hurley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Hurley
Nacemento26 de agosto de 1953
Lugar de nacementoWollongong
NacionalidadeAustralia
Alma máterReal Colégio Militar e Universidade Deakin
Ocupaciónoficial
PremiosLexionario da Lexión do Mérito, Oficial da Lexión de Honra, Distinguished Service Cross, Fellow of the Australian Academy of Technology and Engineering, Companion of the Order of Australia, Officer of the Order of Australia e Ordem da Coroa da Tailândia
Na rede
WikiTree: Hurley-3704
editar datos en Wikidata ]

David John Hurley, nado en Wollongong, Nova Gales do Sur, o 26 de agosto de 1953, é un militar retirado e político australiano, ex-alto oficial do exército australiano e, actualmente dende o 1 de xullo de 2019, o 27º Gobernador Xeral de Australia. Anteriormente foi o 38º Gobernador de Nova Gales do Sur, entre 2014 e 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hurley, coa súa esposa Linda

David John Hurley naceu o 26 de agosto de 1953 en Wollongong, Nova Gales do Sur, fillo de Norma e James Hurley.[1] O seu pai era un traballador do aceiro de Illawarra e súa nai traballaba nun supermercado. Hurley creceu en Port Kembla e alí asistiu á escola secundaria. Posteriormente graduouse no Royal Military College en Duntroon, cunha licenciatura en artes e un diploma de posgrao en estudos de defensa.[2]

Hurley está casado con Linda McMartin, e ten tres fillos.

Carreira militar[editar | editar a fonte]

Hurley ingresou no Royal Military College de Duntroon, como cadete en xaneiro de 1972.[3] Nunha carreira militar de 42 anos, Hurley estivo destinado na Operación Solace en Somalia en 1993, comandando a 1ª Brigada (1999-2000), foi xefe do Grupo de Desenvolvemento de Capacidades (2003-2007) e Xefe de Operacións Conxuntas (2007-2008) ), e serviu como vice-xefe da Forza de Defensa (2008-2011). A súa carreira culminou co seu nomeamento como xefe da Forza de Defensa o 4 de xullo de 2011, sucedendo ao Mariscal xefe aéreo Angus Houston.[4] Hurley retirouse do exército en xuño de 2014.

Sucedeu a Marie Bashir como Gobernador de Nova Gales do Sur o 2 de outubro de 2014.

Política[editar | editar a fonte]

O 5 de xuño de 2014, o primeiro ministro de Nova Gales do Sur, Mike Baird, anunciou que Hurley substituiría a Marie Bashir como gobernador de Nova Gales do Sur e xurou o cargo ante o primeiro ministro o 2 de outubro de 2014 despois de que expirase o mandato de Bashir como gobernadora. O 17 de marzo de 2015, foi investido como cabaleiro da Orde de San Xoán (un honor británico) polo Lord Neil Conn, nunha cerimonia en Sydney.

O 16 de decembro de 2018, o primeiro ministro Scott Morrison anunciou que Hurley se convertería no seguinte gobernador xeral de Australia a partir do 1 de xullo de 2019, sucedendo a Peter Cosgrove.[5][6][7] Margaret Beazley foi designada como a súa substitución como gobernadora de Nova Gales do Sur. Hurley xurou como gobernador xeral no Casa do Parlamento en Canberra o 1 de xullo de 2019. As súas primeiras palabras pronunciounas na lingua dos aborixes locais.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "His Excellency General the Honourable David Hurley AC DSC (Retd) Governor-General of the Commonwealth of Australia" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  2. "Lowy Institute" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2019. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  3. Army News, February 2012, www.defence.gov.au
  4. "David Hurley is made new defence force chief as part of sweeping renewal of top brass" (en inglés). 1 de xuño de 2011. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  5. "Scott Morrison picks former general David Hurley to be Australia's next governor-general" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  6. "Australia's new Governor-General" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  7. "David Hurley named next governor general of Australia as Labor blasts timing" (en inglés). 16 de decembro de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  8. "Labor says no to stage 3 of Coalition tax plan, for now – as it happened". 1 de xullo de 2019. Consultado o 3 de xullo de 2019.