Scott Morrison
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Scott John Morrison 13 de maio de 1968 (56 anos) Sydney, Australia |
Minister for the Public Service (en) | |
29 de maio de 2019 – 8 de outubro de 2021 – Ben Morton (pt) → Gabinete ministerial: Second Morrison Ministry (en) | |
30º Primeiro ministro de Australia | |
24 de agosto de 2018 – 23 de maio de 2022 ← Malcolm Turnbull – Anthony Albanese → | |
Tesoureiro de Australia | |
21 de setembro de 2015 – 24 de agosto de 2018 ← Joe Hockey (pt) – Josh Frydenberg (pt) → | |
Minister for Social Services (en) | |
23 de decembro de 2014 – 21 de setembro de 2015 ← Kevin Andrews (pt) – Christian Porter (pt) → | |
Minister for Immigration and Border Protection of Australia (en) | |
18 de setembro de 2013 – 23 de decembro de 2014 ← Tony Burke – Peter Dutton → | |
Membro da Cámara de Representantes de Australia | |
24 de novembro de 2007 – 28 de febreiro de 2024 ← Bruce Baird (pt) – Simon Kennedy (pt) → Circunscrición electoral: Cook (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Nova Gales do Sul (pt) Sydney Boys High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Camberra |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal de Australia |
Salario base | 378.415 $ |
Familia | |
Cónxuxe | Jenny Morrison |
Premios | |
Sitio web | scottmorrison.com.au |
Scott Morrison, nado en Waverley, Nova Gales do Sur o 13 de maio de 1968 é un político australiano, líder do Partido Liberal, que exerceu como primeiro ministro de Australia entre 2018 e 2022.[1] É membro da Cámara de Representantes dende 2007, representando á división de Cook en Nova Gales do Sur.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Morrison naceu en Waverley, un suburbio de Sydney[2] e estudou Xeografía económica na Universidade de Nova Gales do Sur.[1] Despois de graduarse traballou no turismo, primeiro como director da Oficina de Turismo e Deporte de Nova Zelandia dende 1998 até 2000 e posteriormente converteuse no director da axencia gobernamental de promoción do turismo de Australia dende 2004 até 2006. No tempo entre ambos os postos, foi director do Partido Liberal en Nova Gales do Sur dende 2000 até 2004.[3]
Morrison foi elixido para a Cámara de Representantes nas eleccións federais de Australia de 2007. Trala vitoria da Coalición nas eleccións federais de Australia de 2013, foi designado no gabinete de Tony Abbott como ministro para a Inmigración e Protección de Fronteiras. Logo foi designado ministro de Servizos Sociais a finais de 2014. Cando Malcolm Turnbull substituíu a Abbott como primeiro ministro en setembro de 2015, Morrison foi designado ministro do Tesouro de Australia.[1]
En agosto de 2018, o primeiro ministro Malcolm Turnbull foi desafiado no seu liderado do Partido Liberal polo ministro Peter Dutton, e gañou por 48 votos a 35. As tensións internas no partido continuaron e tras unha declaración de vacancia e en ausencia dunha candidatura de Turnbull, Morrison foi elixido líder o 24 de agosto derrotando a Dutton e a Julie Bishop, e asumiu como primeiro ministro de Australia o mesmo día.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Scott Morrison, de enemigo de los "sin papeles" a político unificador". La Vanguardia.
- ↑ "Statement in relation to Citizenship — 45th Parliament" (PDF).
- ↑ "Scott Morrison's relentless rise to power". The Sydney Morning Herald.
- ↑ "Scott Morrison será el nuevo primer ministro de Australia tras una elección interna del Partido Liberal".
- ↑ "Scott Morrison, nuevo primer ministro de Australia". Infobae.com.