Peter Cosgrove

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Peter Cosgrove
Peter Cosgrove 2017 (1) crop.jpg
Nome completoPeter John Cosgrove
Nacemento28 de xullo de 1947
 Sydney
NacionalidadeAustralia
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Queensland e Real Colégio Militar
Ocupaciónmilitar e político
Premiosoficial da Lexión de Honor, Cruz Militar, Commander of the Legion of Merit, cabaleiro da gran cruz da orde de san Gregorio, Medalha do Centenário, Lexionario da Lexión do Mérito, Knight of the Order of Australia, Companion of the Order of Australia, Member of the Order of Australia, Australian of the Year, Venerável Ordem de São João e National Medal
editar datos en Wikidata ]

Peter John Cosgrove, nado en Sydney o 28 de xullo de 1947, é un militar retirado australiano, que destacou por ser comandante da coalición das forzas de paz en Timor Leste coñecida como Forza Internacional de Timor Leste (Interfet). O 28 de marzo de 2014 foi nomeado gobernador xeral de Australia, sucedendo a Quentin Bryce.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun militar, graduouse no Royal Military College de Duntroon, en 1968. Foi enviado a Malaisia como tenente no I Batallón, Real Rexemento Australiano (RAR). Pouco despois, foi a guerra de Vietnam co 9 RAR. Alí comandou un pelotón de infantaría e foi galardoado coa Cruz Militar pola súa actuación durante un asalto ás posicións inimigas.

Nos anos seguintes foi instrutor no Centro de Infantaría; foi promovido, ó mando 1 do RAR; levou a cabo a responsabilidade cos recursos humanos, e pasou períodos nos Estados Unidos, Gran Bretaña e a India. En 1990 foi director de Infantaría e Comandante do Palacio do Infantado. En 1997 completouse un círculo cando se converteu en comandante en Duntroon.

En 1999, o xeneral converteuse nunha figura nacional ó ser nomeado comandante da Interfet, responsable de supervisar a transición de Timor Leste á independencia. Co gran despregamento de tropas australianas, e unha considerable incerteza sobre o resultado, foi un período de tensión durante o que combinou o seu papel de soldado co de diplomático.

Despois de Timor, onde gañou o respecto de colegas australianos, Timor Leste e a comunidade internacional, foi ascendido e nomeado xefe do Exército. A iso seguiu en 2002 chegou a xeneral e a Xefe das Forzas de Defensa. O seu propio fillo soldado resultou levemente ferido na guerra de Iraq en 2005.

Retirouse do exército en 2005.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xeneral COSGROVE Australian War Memorial

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]