David Homedes Cameo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Homedes Cameo
Nacemento1965
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e escritor de ciencia ficción
Na rede
http://www.sakamuraycorrales.com/pablo_tusset.php
editar datos en Wikidata ]

David Homedes Cameo, nado en Barcelona en 1965, é un escritor en lingua castelá, que publica a súa obra cos pseudónimos de Pablo Tusset e David Cameo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Informático de profesión, no 2001 publicou Lo mejor que le puede pasar a un cruasán. Con esta novela, traducida a dez idiomas e levada ó cine no 2003 por Paco Mir, gañou o Premio Tigre Juan. Axiña foi un éxito comercial, o que lle serviu para desmarcarse como unha das voces máis interesantes da nova literatura castelá.

En agosto de 2006 publicou a súa segunda novela, o thriller En el nombre del cerdo, ambientada entre Nova York e Cataluña. En febreiro de 2009 publicouse Sakamura, Corrales y los muertos rientes, unha sátira caricaturesca da política española. En 2011 publicou Oxford 7, unha obra de ciencia ficción soft ambientada no ano 2089.

En 2014 publicou a novela Franz y Greta co pseudónimo de David Cameo, ao abandonar o estilo sarcástico[1].

O estilo de Tusset caracterízase pola mestura da sinxeleza lexical, cun gran humorismo e a profundidade dos argumentos tratados, que van desde a psicanálise ó esoterismo, e ofrecen un retrato cínico e desencantado da realidade contemporánea.

Obra[editar | editar a fonte]

Como Pablo Tusset[editar | editar a fonte]

Como David Cameo[editar | editar a fonte]

  • Franz y Greta (2014)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]