Lo mejor que le puede pasar a un cruasán
Lo mejor que le puede pasar a un cruasán | |
---|---|
Título orixinal | Lo mejor que le puede pasar a un cruasán |
Autor/a | Pablo Tusset |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Ediciones Lengua de Trapo |
Data de pub. | 2001 |
ISBN | ISBN 84-663-0712-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lo mejor que le puede pasar a un cruasán é a primeira novela de David Homedes Cameo, publicada en 2001 co pseudónimo de Pablo Tusset. Foi traducida ó inglés, francés, italiano, portugués, alemán, grego, sueco, ruso, croata e catalán. Amais, existe unha versión cinematográfica, dirixida no 2003 por Paco Mir.
Argumento
[editar | editar a fonte]A novela está ambientada entre o 18 e o 24 de xuño de Barcelona en 1998 (e o último capítulo é o 24 de xuño de 1999). O protagonista é Pablo Miralles, de trinta e tantos adicto ó sexo, Internet, haxix, alcol, cocaína e tabaco, fillo e irmán da clase alta burguesa. Vive de rendas do seu irmán e do seu pai, aínda que ás veces faille algún traballo ó irmán. E cando este lle manda buscar unha cousa, Pablo entremétese demasiado, cando o seu pai é atropelado e o seu irmán secuestrado por unha sociedade secreta de estrañas ideas.
Narración
[editar | editar a fonte]O estilo é bastante infrecuente, cheo de humor e ironía, ambientado nas diferentes sociedades de Barcelona segundo o caso. Non se fai pesado en absoluto, pois malia de que a vida desa persoa é repetitiva, a acción (alén do epílogo) só dura máis ou menos unha semana, a anterior á noite de San Xoán.