Dario Rigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dario Rigo
Nacemento1 de abril de 1970
 Valdagno
NacionalidadeItalia
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns
PremiosCollare d'oro al Merito Sportivo
editar datos en Wikidata ]

Dario Rigo, nado o 1 de abril de 1970 en Trissino, Vicenza (Italia), é un xogador de hóckey a patíns italiano que actualmente xoga na demarcación de defensa no Hockey Valdagno da Serie A1, a máxima categoría do hóckey a patíns italiano. Destaca a súa traxectoria no Hockey Novara, club no que xogou en tres etapas e co que gañou 12 títulos, incluíndo dous europeos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dario Rigo comezou a súa carreira como xogador de hóckey a patíns no equipo da súa cidade natal, o GSH Trissino, equipo no que xogou entre 1987 e 1991, ano no que asinou polo Hockey Novara. Estando no seu primeiro club conseguíu a medalla de ouro no Campionato de Europa celebrado en 1990 na localidade italiana de Lodi. Co Novara gañou unha Liga e unha Copa de Italia na súa última tempada (1992-93) e dúas Copas CERS consecutivas. Xogando no Hóckey Novara conseguíu coa selección italiana as medallas de prata no Campionato de Europa de Wuppertal (1992) e o Campionato do Mundo de Sesto San Giovanni (1993), ademais conseguíu a medalla de bronce nas Olimpiadas de Barcelona 1992.

Entre 1993 e 1996 xogou no Roller Monza, gañando unha Liga no seu último ano e unha Recopa de Europa o ano anterior, á vez gañaba as medallas de prata e bronce nos Campionatos de Europa de 1994 e 1996. En 1996 volveu a Novara, nesta segunda etapa no club piemontés gañou dúas Ligas e dúas copas de xeito consecutivo nos dous anos que xogou no club, e coa súa selección conseguíu as medallas de ouro no Mundial de 1997 e de bronce no Europeo de 1998. Na tempada 1998-99 pasou a xogar no Amatori Vercelli, e ao ano seguinte asinou polo H.C. Liceo da Coruña, mais nesta etapa non conseguíu gañar ningún título a nivel de clubs, mais gañando o bronce no Europeo de Wimmis do ano 2000.

Na tempada 2000-01 iniciou a súa terceira etapa no Hockey Novara, equipo no que xogou ata o 2002, ano da súa fichaxe polo Bassano 54, nesta terceira etapa conseguíu novamente dous dobretes consecutivos e dous bronces coa súa selección no Mundial do 2001 e no Europeo do 2002. En Bassano xogou ata a tempada 2007-08, no Bassano 54 gañou unha Liga (2003-04) e unha Copa (2004), foi na súa etapa en Bassano na última que conseguíu medallas coa súa selección, foron no Mundial do 2003 e no Europeo do 2004. Actualmente xoga no Hockey Valdagno, club polo que asinou no 2008 e co que na tempada 2009-10 gañou a Liga italiana.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Clubs[editar | editar a fonte]

Hockey Novara[editar | editar a fonte]

Roller Monza[editar | editar a fonte]

Bassano 54[editar | editar a fonte]

Hockey Valdagno[editar | editar a fonte]

Selección italina[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]