Daniel Kickert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Kickert
Sydney Kings
Información persoal
Nacemento 29 de maio de 1983 (40 anos)
Melbourne, Victoria
Nacionalidade Australia Australia / Países Baixos Países Baixos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga NBL
Información da carreira
Instituto Aquinas College (Melbourne, Victoria)
Universidade Saint Mary's (2002–2006)
Internacional Australia
Carreira dende 2006
Historial de equipos

Lega Livorno (2006–2007)
LEB Leite Río Breogán (2007–2008)
ACB Gran Canaria (2008–2010)
Polonia Turów Zgorzelec (2011–2012)
Ucraína Dnipro (2012–2013)
Ucraína Budivelnyk (2013)
Ucraína Azovmash (2013–2014)
ACB Iberostar Tenerife (2014)
NBL Melbourne United (2014–2016)
NBL Brisbane Bullets (2016–2018)
QBL South West Metro Pirates (2017)
NBL Sydney Kings (2018–presente)

Premios e galardóns

Copa Príncipe (2008)

Daniel Michael Kickert, nado o 29 de maio de 1983 en Melbourne, Victoria, é un xogador profesional de baloncesto con dobre nacionalidade australiana e neerlandesa que actualmente xoga para o Turów Zgorzelec da Polska Liga Koszykówki, máxima competición polaca. Cunha estatura de 2,08 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no equipo de baloncesto do Saint Mary's College, que xoga na NCAA dos Estados Unidos. Tras catro tempadas no equipo, fichou polo Basket Livorno da LEGA. A tempada seguinte, a 2006-07 chegou a Galicia para xogar co Leite Río Breogán na LEB Ouro, onde gañou a Copa Príncipe e xogauos play-off de ascenso á ACB, aínda que finalmente non logrou acadalo.

Ao ano seguinte, na tempada 2008-09 asinou polo Club Baloncesto Gran Canaria da ACB, onde estivo dous anos até finalizar o seu contrato. Non logrou conseguir grandes números nas tempadas. Así, na tempada 2010 firma polo PGE Turów Zgorzelec da Polska Liga Koszykówki.Foi internacional coa selección de baloncesto de Australia, coa que disputou o Campionato Mundial de Baloncesto de 2006 no Xapón, no que a súa selección finalizou en décimo terceiro lugar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]