BC Budivelnyk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Budivelnyk Kyiv
Información xeral
Liga USL
Fundación 1945
Historia SKIF Kíiv (1945-1962)
Cores           Amarelo, azul
Presidente Ucraína Bohdan Guliamov
Adestrador Ucraína Vitaliy Cherniy
Patrocinador Privat Bank
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade Ucraína Kíiv, Ucraína
Pavillón Kyivskyi Palats Sportu
Capacidade 7.000
Campionatos
Liga URSS 1 (1989)
Liga 9 (1992−1997, 2011, 2013−2014)
Copa 3 (2012, 2014−2015)
budivelnyk.ua

O Basketball Club Budivelnyk (en ucraíno: Баскетбольний клуб Будівельник, romanizado: Basketbol'nij klub Budivelnyk) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Kíiv, capital de Ucraína. Actualmente milita na Ukrajina Super-Liha, a máxima categoría do baloncesto ucraíno.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundado coa súa estrutura actual en 1962, o Budivelnyk foi un dos principais clubs da Liga Soviética de baloncesto. Formouse a partir doutro equipo da cidade de Kíiv, o SKIF, que fora fundado orixinalmente en 1945 como o equipo da Sociedade Deportiva Sindical Republicana Avanhard baixo o patrocinio da empresa construtora local Kyivmiskbud-4. Desde a época soviética o club xoga os seus partidos como local no Kyivskyi Palats Sportu, pavillón con capacidade para 7.000 espectadores. O equipo gañou o Liga Soviética en 1989, e a Liga Ucraína nove veces. O nome do equipo significa "construtor" en ucraíno, sendo ás veces alcumado "Konstruktor" (construtor) e "Stroitel" (do ruso: "construtor").

Palmarés[editar | editar a fonte]

Liga da Unión Soviética

  • Campións (1): 1989
  • Subcampións (6): 1965, 1966, 1977, 1979, 1981, 1982
  • Terceiro posto (7): 1962, 1964, 1970, 1974, 1983, 1984, 1990

Copa da Unión Soviética

  • Subcampións (2): 1969, 1972

Liga de Ucraína

  • Campións (9): 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 2011, 2013, 2014
  • Subcampións (2): 1998, 2010
  • Terceiro posto (1): 1999

Copa de Ucraína

  • Campións (3): 2012, 2014, 2015

Destacados[editar | editar a fonte]

Xogadores notábeis[editar | editar a fonte]

Para aparecer nesta sección un xogador debe ter:

Xogado polo menos unha temporada no club.
Estabelecido un récord do club ou ter gañado un título invidiual sendo xogador do mesmo.
Xogado polo menos un partido internacional oficial coa súa selección algunha vez.
Ter tido unha exitosa estancia no club ou en etapas anteriores ou posteriores da súa carreira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]